O SÁBADO 8 DE XUÑO ACTUACIÓN EN MUXÍA DE LOIS BÚA CO SEU TRABALLO “MOURAE” CON MÚSICA PROPIA E ESCENIFICACIÓN MITOLÓXICA.

Carecterización de “Mourae”.

O vindeiro sábado 8 de Xuño do 2025 actuará na “Praza do cabo da vila” o muxián Lois Búa Sambad, coñecido artísticamente como “Mourae” que é tamén o nome do seu primeiro traballo discográfico en forma de EP copn 7 cancións. Música mitolóxica, galega electrónica vangardista cunha experienza artística impresionante. Abaixo podedes escoitar o seu extraordinario tema “Megalito”.

Todo naceu alá polo 2019 cunha serie de performances alcumadas Mitoloxías NPC1, deste muxián formado en artes plásticas e sonoras tralo seu paso estudiantil pola Universidade de Vigo no ramo das Belas Artes.. Un ano antes, no 2018 foi galardoado co Premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra, ano no que actouo no  Performance Crossing Fest, en Praga, dentro do Congreso Fugas e Interferencias celebrado entre Santiago e Pontevedra e na Residencia AcciónMAD (2019) en Columbiello, Asturias. estes foiron os seus comezos e desde aquela non para de ofrecer o seu arte.

Fai uns dias Mourae tamén actuou na Cidade da cultura de Santiago acompañando a Elvi Balboa e o seu grupo de baile. Mañán no 2Cabo da voila”, (Muxía), tamén baile contemporaneo da man de Elsa Pereira.

 

-Foto : Xesús Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies