FASE FINAL COMARCAL CATEGORIA BENXAMÍN E ALEVÍN
O Polideportivo do Conco repite como sede das finais.
Mañán sábado terá lugar en Dumbría a Fase Final das ligas de futsal base “Costa da Morte” das que vos vimos dando conta todo o ano ca axuda inestimable de Fran “Pioto”, “alma matter” das mesmas. Unhas ligas que chegaan ao remate e que xa levan 25 edicións e son a berce da grande maioría de xogadores que despois tomarán o camiño do propio futsal e do fútbol, así coma de outros deportes, como xa ven acontecendo dende que comezaron fai 28 anos.
Día : Sábado 6 Maio 2023
Lugar : Polideportivo Municipal de “O Conco”- Dumbría
Equipos participantes categoría Benxamín: EDM Cabana, EMF Camariñas, CPR Manuela Rial e Concello de Carnota
Equipos participantes categoría Alevín: ACD Rapacollóns Fisterra, EDM Ponteceso, CPR
Manuela Rial e EMF Camariñas
As regras de xogo serán as estipuladas pola RFGF para a sua especialidade de fútbol sala.
SEMIFINAIS BENXAMIN
10:30 EDM CABANA Vs CPR MANUELA RIAL
11:30 EMF CAMARIÑAS Vs CONCELLO DE CARNOTA
FINAL BENXAMÍN
A Gran Final terá lugar ás 15:00 horas
SEMIFINAIS ALEVÍN
12:30 ACD RAPACOLLONS FISTERRA Vs CPR MANUELA RIAL
13:30 EDM PONTECESO Vs EMF CAMARIÑAS
FINAL ALEVÍN
A Gran Final terá lugar ás 16:00 horas
Datos de importancia
-As regras de xogo serán as estipuladas pola RFGF para a sua especialidade de fútbol sala.
– Os partidos constaran de dous periodos de 20 minutos reloxo corrido e 5 minutos de
descanso.
– O balón será de talla 58 cms
– No caso de empate a goles no tempo reglamentario nas SEMIFINAIS lanzarase una rolda
de penaltis (3) para decidir o ganador do partido, en caso de empate na FINAL xogarase
una prórroga de 10 minutos (2 tempos de 5 min) a tempo corrido, si persiste o empate
lanzaranse penaltis (3) para decidir o Campión.
-Foto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Fran “Pioto”