O “Rally de Gascuña 2024·, o final quedouse nun Pornic, (Francia)-Muxía. A regata que saeu da Cidade balnearia de Pornic, (Francia), a un 40 Kms de Nantes, que saeu o pasado 3 de Xullo, tiña no seu itinerario o Orto Deportivo “Marna Muxía”, a onde chegaron o pasado Domingo, para tras dous días na Vila da Barca partir a Baiona, dende ían ir a dar unha visita a Santiago e voltar a Muxía para afrontar a derradeira etapa ata a localidade francesa da partida. O mal tempo fixo que a orgañización decidise cancelar a etapa ata Baiona onde pasarían un par de días e voltar a terras muxianas para frontar a derradeira etapa, polo que o final a terceira etapa deste rali que atravesa en diagolanl o Golfo de Bizkaia, (para eles Golfo de Gastogne), convirteuse nun Pornic-Muxía-Pornic, con un total de máis de 800 millas marítimas percorridas, pola vintena das embarcaciós, todas a vela agás unha, que era o buque de apoio en caso de problemas.
Esta foi a segunda travesía importante que chegou este ano a Muxía, trala 9ª edición do 2Camiño a vela”, que chegou fai un mes a Vila da Barca, neste caso dende La Rochelle, (Francia). O Porto Deportivo “Marina Muxía”, foi o ano pasado o segundo en Galicia con máis amarres con máis de 800 embarcacións, e foino por segundo ano consecutivo. No día de onte había un total de 37 veleiros e 2 iates a motor, amarrados.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”