A Copa da Costa verdadeira xógase na primavera.
Mañán 6 de Nadal de 2023 xóganse 15 dos 16 encontros dos Dazaseisavos de Final da “LIX Copa da Costa”, unha copa atípica da que xa se xogaron o pasado 10 de Novembro 4 encontros previos nos que o Muxía pasaba o corte ante o Malpica, (1-4), o Xallas ante o Corcubión, (2-1), o Camariñas ante o Coristanco, (1-2) e o Cerqueda ante o Volantes, (5-2). O único encontro que non se xoga mañán doesta eliminatoria que será a encontro único é o que enfrontará ao Xallas e ao máximo favorito o Sofán, encontro que en principio pasa ao 23 de Nadal, víspera de Noiteboa.
Esta Copa vai a supoñer un dobre esforzo aos equipos na época máis dura do ano en canto a climatoloxía, co que supón a hora de lesións, pero agora o fútbol moderno afeccionado imposto polos que están nos despachos pensa menos ca nunca nos deportidstas e nos afeccionados. Non todo o mundo ten festivos polo medio da semana, e senón que lle pregunten a todo o sector primario.
CALENDARIO
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”