MAÑÁN MARTES NAS CHARLAS-COLOQUIO DO COMITÉ DE ADESTRADORES GALEGOS E RFGF : “FALEMOS DE ARBITRAXE…”, CON IGLESIAS VILLANUEVA E SÁNCHEZ ROJO :

 

O Comité Galego de Árbitros e o Departamento de Comunicación da RFGF veñen de programar outra cita online para este martes. Tras o éxito das cinco primeiras xornadas a RFGF repite o formato e organiza este martes 14 de abril outra charla online centrada desta vez no mundo da arbitraxe na que participarán Ignacio Iglesias Villanueva, árbitro VAR, e Diego Sánchez Rojo, árbitro asistente na Primeira División. A xornada arrincará en directo na canle de Youtube a partir das 19.30 horas, (Canle da RFGF)..

Os dous colexiados galegos falarán de aspectos relacionados co VAR e sobre as novas normas do fútbol.

 

Ignacio Iglesias Villanueva : “O colexiado galego por antonomasia”

Ignacio Iglesias Villanueva (Pontedeume, 1975) pasou esta campaña do céspede ao vídeo. É o colexiado galego por antonomasia no últimos nove anos. Concienzudo, perfeccionista e sosegado ata no cotián, Iglesias Villanueva, fervente defensor da tecnoloxía aplicada á arbitraxe futbolística, trasládouse á análise de vídeo despois de 418 partidos desde o seu debut en 1995 en Segunda División B (176 en Primeira).

O heroico das cifras vén determinado pola grave lesión que sufriu con tan só vinte anos: rotura do tendón de Aquiles. Tras ese exemplo de superación, tomou a substitución de Bernardino González Vázquez na elite.

 

Diego Sánchez Rojo : “Unha carreira meteórica”

A Supercopa de España deste ano pasará á historia por disputarse en Arabia Saudita. Con todo, tamén será un torneo que lembre sempre Diego Sánchez Rojo (A Coruña, 1992). Foi un dos árbitros asistentes de José Luis González no partido de semifinais entre o Atlético de Madrid e o Barcelona.

Diego Sánchez é o colexiado máis novo de Primeira División, categoría na que debutou este ano tras ser nomeado mellor asistente de Segunda a pasada campaña. A pesar de ser “o novo”, o bo papel desempeñado polo seu trío arbitral durante a primeira volta do campionato serviulle para participar neste torneo.

Este veciño dos Rosales e exalumno de Salesianos comezou moi pronto a arbitrar. Aos 14 anos xa levaba colgado o chifre polos campos coruñeses. Tras unha meteórica carreira, chegou a Segunda B, onde só estivo un ano.

Compaxinou estes anos cos seus estudos de Económicas na UDC. Despois, pasou catro tempadas consecutivas na categoría de prata ata que lle chegou a oportunidade de arbitrar na elite. Ascender a Primeira División para moitos árbitros podería supoñer unha presión extra por parte da bancada e os medios. Para Diego non.

 

En directo na canle de Youtube da RFGF

A xornada online “Falemos de Arbitraxe desde casa”, con Ignacio Iglesias Villanueva e Diego Sánchez Rojo” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol (Canle da RFGF).

Tamén haberá unha ligazón nas redes sociais do ente federativo para poder seguir a xornada.

 

-Foto e Texto : Comité de Adestradores Galegos/Gabinete de comunicación da RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies