MAÑÁN MARTES 28 A XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DO RC DEPORTIVO.

 

A Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, celebrarase definitivamente mañá martes 28 ás 19:00 horas en segunda convocatoria após non alcanzarse quórum na primeira, hoxe ás 19:00, sen accionistas presentes en Palexco.

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, solicita a máxima colaboración e puntualidade de todos os deportivistas con relación á convocatoria de mañá. Activarase un dispositivo especial e inédito en Xuntas anteriores para cumprir con todas as medidas sanitarias e de distanciamento social esixidas para evitar a transmisión da COVID-19 e poder celebrar o acto con normalidade.

As medidas que se tomarán son as seguintes:

1) É obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
2) Medirase a temperatura de todos os asistentes á súa chegada.
3) Disporase de xel hidroalcoholico en diferentes puntos da instalación.
4) Deberanse seguir as indicacións do persoal de seguridade e azafatos/as en todo momento.
5) Non se poderán realizar encontros de grupos de persoas no hall de entrada de Palexco. Desde o exterior deberase acceder directamente ao momento de recollida de acreditacións ou á sala en caso de dispor dela previamente.
6) Para un acceso ordenado, recoméndase á chegada de cada accionista o acceso ao interior do auditorio a partir das 18:00 h.
7) As localidades serán numeradas e entregaranse por orde de chegada no interior do auditorio.
8) Haberá unha distancia dunha butaca entre accionista e accionista.
9) Deberanse seguir as indicacións da mesa da Xunta para realizar a votación.
10) En caso de levar representadas delegacións, recoméndase asistir con tempo para proceder á súa gravación no sistema, preferentemente antes das 18:00 h.

Os cartóns estarán dispoñibles de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas en Palexco. O martes, a OAD permanecerá pechada todo o día.

O Real Club Deportivo lembra a todos os accionistas que retiraran os seus cartóns para a Xunta prevista en marzo que deben volver retiralas e acreditarse para esta convocatoria.

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI. No caso de que o accionista represente a outros accionistas deberá presentar, simultaneamente, o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.