MAÑÁN LUNS PODERÍAN QUEDAR DECIDIDOS OS GRUPOS DA 2ª B.

 

Mañán luns 31 de Agosto a Real Federación Española de Fútbol convoca unha xuntanza cas federacións territoriais a partires das 12:30 horas, para tratar de orgañizar unha 2ª B que pasou de 80 a 102 equipos por mor da pandemia do COVID-19, o ascender diretamente os equipos que tiñan Play-Off dende as Terceiras.

Nesta xuntanza espérase que se decidan os grupos que todo apunta a que serían de 10 equipos, dos que deixaría de existir o privilexo dos campións de cada grupo, pero parece ser que se estudará que ainda que non como estaba a ocurrir, de que os campións xogasen unha soa eliminatoria para ascender, e sinón pasar a xogar cos segundos e terceiros, tiveran outra ventaxe.

No noso país hai 6 equipos nesta categoría, xunto o RC Deportivo están : Compostela, Pontevedra, Racing de Ferrol, C, Vigo B e Coruxo, e ou ben se lle arrimarían outros 4 de Castela-León ou de Asturias. Tamén cabe a posibilidade de que non xoguen tódolos galegos no mesmo grupo e pasen os do máis o sur, (C. Vigo B e Coruxo), a xogar nun dos grupos citados e igualmente os restantes xoguen con castelán/leoneses ou astures.

A todo isyo ainda está por ver se a xustiza ordinaria decide sobre a denuncia do RC Deportivo e o CD Numancia antes de que comece a Segunda División e podería acabar xogándose nesta competición a vindeira tempada, que comezará previsiblemente o 12-13 de Setembro. No que se refire a 2ª B o comezo está previsto en torno o 17 de Outubro.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es