MAÑÁN FAI 20 ANOS PROCLAMÁBAMONOS CAMPIÓNS DA LIGA MÁIS IGUALADA DENDE A EXISTENCIA DOS 3 PUNTOS POR ENCONTRO GAÑADO.

Centos de miles de persoas celebraron o título na Coruña.

Pasaron 20 anos pero parece que foi onte. Pasaron 20 anos e ainda ningún equipo diferente dos 9 que teñen nas suas vitrinas o título de liga, foi quen de gañala. Pasaron 20 anos e ningunha liga foi capáz de ser tan igualada e disputada como aquela que acabou co Depor campión con 69 puntos e o 6º clasificado tiña 61. Foi o campión dende que existe a puntuación dos 3 puntos por encontro gañado, ca cifra máis pequena de puntos, motivado pola enorme igualdade antre os equipos. Pasaron 20 anos e seguimos sendo o único equipo galego de fútbol profesional con títulos. 

Tan diferente foi aquela liga o de hoxe en día que descenderon Atlético de Madrid, Sevilla e Betis, 3 equipos campións de liga, e que hoxe en día coa diferenza económica dos clubes que hai sería imposible que pasase.

Como nos imos esquecer daquel día, daquela tempada pois como día a canción que se escoita dende os Riazor Blus cada encontro : “Como me voy a olvidar, qu elDeportivo ganó la liga…Como me voy a olvidar. Fué lo mejor que m pasó en la vida”.

Foi unha tempada inexquecible e o derradeiro encontro n Riazor ant o Español, cun ambente e unha festa para gardar para sempre, así como todo canto veu despois.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.