MAÑÁN DOMINGO XÓGASE UNIFICADA A DERRADEIRA XORNADA DA PREFERENTE GALICIA CON 5 PRAZAS EN XOGO PARA A 2ª FASE.

 

Mañán Domingo xógase a derradeira xornada da 1ª Fase na Preferente a partires dás 18:00 horas. Xa hai 7 equipos clasificados para a 2ª Fase que é a do ascenso a 3ª División.

SD Sofán, Noia CF, SD Sarriana, Atlético Arnoia, UD Barbadás, Juvenil de Ponteareas e Gran Peña FC xa están clasificados. Estes equipos certificaron a pasada semana o billete para disputar o Play-Off de ascenso á 3ª RFEF. Para a derradeira xornada de liga, que terá lugar mañán Domingo con horario unificado, aínda hai outras 5 prazas en xogo.

O Comité de Competición e Disciplina da RFGF anunciou que o horario unificado nesta derradeira xornada nos encontros cuxos resultados poidan ter influencia para a clasificación xeral e definitiva, coas 18:oo horas de inicio para todos eles.

 

Máxima emoción

No Subgrupo A do Grupo Norte, co SD Sofán como líder e xa clasificada, son dous os conxuntos que optan a esa segunda praza: Atlético Coruña Montañeros e Victoria CF. Con tres puntos aínda en xogo, o primeiro avantaxa en dous ao Victoria CF.

O Noia CF selou onte o pasaporte de forma matemática para a fase de ascenso tras o seu triunfo no campo do Xallas, mentres á segunda praza deste Subgrupo B do Grupo Norte optan dous equipos: CD Boiro (15 puntos) e SD Dubra (13 puntos).

No Subgrupo C do Grupo Norte, pola súa banda, a SD Sarriana afrontará o playoff como primeiro de grupo tras completar un primeiro tramo extraordinario a falta da última xornada. Á segunda praza optan ata tres contendentes: SD Residencia, Club Lemos e SD Santaballés.

No Subgrupo A do Grupo Sur desta Preferente Galicia xa está todo decidido agás a primeira praza do grupo, debido a que Atlético Arnoia e UD Barbadás, xa clasificados, igualan a 16 puntos.

No Subgrupo B pasará como primeiro de grupo o Juvenil de Ponteareas, aínda que o segundo billete para a fase de ascenso é cousa de dous: Cultural Areas ou Caselas FC. Ambos chegan á última cita da primeira fase igualados a 14 puntos.

Por último, no Subgrupo C do Grupo Sur, o Gran Peña xa sabe que loitará polo ascenso, mentres que a outra praza será para o Villalonga FC ou para o Pontevedra CF B.

 

Grupo Ascenso e Copa do Rei

Os tres primeros de cada subgrupo despois da disputa da primeira fase arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que loiten por esa praza.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia