MAÑÁN DOMINGO TERÁ LUGAR A “7ª CARREIRA CORRENDO POLA COSTA DA MORTE EN MUXÍA”.

 

Mañán Domingo 17 de Xullo terá lugar a 7ª edición da carreira pedrestre “Correndo pola Costa da Morte” de Muxía. Unha serie de carreiras que comezarán ás 10:00 horas na zona do Malecón muxián. 

Os primeiros en sair serán os alevíns, para 15 minutos despois sair os benxamís. Ás 11:00 horas terá lugar a saida da 3K Contra o Cancro, para os nados do 2006 en diante, para un par de minutos despois ser o turno dos infantís. Ás 12:00 horas sairán os da Ansoluta 10K e para rematar concluir coa carreira dos Pitufos, os nenos nados antre o 2015 e ó 2019.

Hai inscritos un total de 157 participantes, sendo a 10K Absoluta a que maior número de corredores ten con 51, seguido da dos pitufos que suma 48 inscritos.

-Foto : correndopolacostadamorte.com

-Texto : piratasdemuxia