Sen dúbida o encontro da xornada na 2ª División Galega Feminina G2 xógase mañán Domingo 10 de Nadal a partires das 12:00 horas, no Municipal do Conco en Dumbría é o CF Dumbría-CF Muxía. O equipo dumbriés chega a este partido con 31 puntos de 10 encontros gañados, 1 empatado e ningún perdido, os memos co equipo muxián que perdeu o liderato por golaveraxe en pos das dumbriesas esta mesma semana, e que leva 10 encontros gañados, 1 empatado e 1 perdido, pero que ten un encontro xogado máis cas de Dumbría. A diferenza de goles antre as do Conco e as da Vila da Barca é moi superior as dumbriesas con +39 das rapazas que dirixe Santi de Lira, que sustituiui a Fran Figueroa fai 3 semanas, polos +24 das de Jose “Congui” e Isma Pose.
Moi atentas estarán as rapazas do Corme CF que visitan ao Bergantiños FC B, e que están a 1 punto das dumbriesas e muxianas, cos mesmos encontros xogadas cas de Muxía e un máis cas de Dumbría, pois unha vitoria delas e un empate antre as dumbriesas e as da Capital de Nemancos, daríalle o liderato as rapazas do Roncudo.
Derradeiras aliñacións :
CF Dumbría : Lisette, Paula, Martina, María, Kelly, Eva Lema, Reyes, Paula Fandiño, Juliette, Adriana, Yolanda, e Sabela. Tamén xogaron : Naira, Lucia, Icia, e Alba.
CF Muxía : Sheila, Patri Romanía, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Elsa, Barca Toba, Paula, Denise, Nuria e Andrea. Suplente: Andrea Rodríguez, Sara, Xeila e Adriana.
O Detalle
O encontro valerá para o reencontro no verde de rapazas coma a muxiana de Leis, Eva Lema, ou Paula Fandiño, xogadoras do CF Dumbría, con compañeiras, que mañán serán rivais coma Patri Romaní e Barca Toba, que xa saben o que é gañar títulos xuntas no Fisober FSF, e que no caso de Patri, Barca e Paula ainda xogan a día de hoxe.
-Foto montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”