MAÑÁN DOMINGO 8 DE SETEMBRO COMEZA A LIGA DA COSTA 2019/20

 

Mañán Domingo 8 de Setembro comeza a Liga da Costa 2019/20. Unha potente e atractiva liga con 16 equipos nos que a metade loitarán polo título ou o ascenso a 1ª Galicia e que rematará o 19 de Abril do 2020 tras 30 xornadas. Destacar nesta primeira xornada a reedición da final da “Copa da Costa”. O Cabana SD ascendido a pasada campaña da 3ª da Costa recibe no “As Redondas” ao SCDR Esteirana, que lle gañou a finalísima de Copa e que parte coma un dos favoritos a loitar por todo, sendo recén descendido da 1ª Galicia G2, na que tivo un bo papel pero non lle axudaron os resultados.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es