Se xa a vila de Muxía conta cun gran ambete de turismo, peregrinos do Camiño e da Vía Mariana, así como dos que chegan por mar, desta volta o ambente multiplicarase converterase este domingo, 21 de xuño, sendo o epicentro do atletismo popular da Costa da Morte e de Galicia coa celebración da “XI Carreira Pedestre Concello de Muxía”, unha das probas máis atractivas do calendario do circuíto Correndo pola Costa da Morte.
A competición reunirá en torno a un milleiro de atletas de todas as idades nunha xornada deportiva que combinará esforzo, convivencia e un escenario privilexiado, co mar como protagonista ao longo dun percorrido que atravesa algúns dos lugares máis emblemáticos da localidade e da península muxiana.
Coma é de cotío haberá diferentes categorías programadas todas pola mañán. A proba raíña será a carreira absoluta de 10 quilómetros, prevista para as 11:45 horas, cun trazado que permitirá aos participantes gozar das espectaculares vistas da costa muxiana, pasando polas inmediacións da igrexa de Santa María e do emblemático Santuario da Nosa Señora da Barca, dous dos símbolos máis recoñecibles do pobo.
Pero antes a programación deportiva arrancará ás 10:15 horas coas carreiras das categorías Sub10 e Sub12, que percorrerán unha distancia de 1 quilómetro. Posteriormente, ás 10:50 horas, será a quenda da carreira 3K Contra o Cancro, así como das categorías Sub14, Sub16 e Sub18, antes do prato forte da mañá coa disputa da xa comentada carreira absoluta.
Os máis pequenos tamén terán o seu protagonismo na festa deportiva coa tradicional carreira de Pitufos, programada para as 13:00 horas, cun percorrido adaptado de 300 metros.
A cita muxiana preséntase un ano máis como unha das máis agardadas do calendario atlético da comarca, tanto pola beleza do seu percorrido como polo excelente ambiente que cada edición se vive nas rúas da vila. Todo está preparado para que Muxía se vista do colorido que aportan os atletas, antre os que hai varios veciños/as que gozarán do apoio dos seus. O bo tempo e o escenario farán que Muxía volva ser este Domingo unha gran festa do deporte popular.
–
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”


