Mañán 6 de Nadal a partires das 19:00 horas terá lugar o Edificio de Multiusos da Camposa no Salón do Voluntariado a presentación do libro do fotógrafo muxián Xesús Búa, “Homes e Mulleres de Sal e Ferro”, unha homenaxe aos percebeiros e percebeiras que primeiro foi unha exposición fotográfica que percorreu Galicia e Portugal e que agora ven de plasmarse nun libro fillo dun dos mellores fotógrafos que pareu a Costa da Morte.
Xesús Búa, primeiro mariñeiro, logo cociñeiro e sempre amante da fotografía é un discípulo de Ramón Caamaño e comezou xa dende moi neno ca sua afición e devoción pola fotografía para logo convertilo na sua profesión e pasión de culto. Neste libro plasma unha parte do seu arte, da sua devoción e un sentido homenaxe a eses home e mulleres de mar e dunha vida entregada o medio natural, uns “Homes e mulleres de sal e de ferro”.
Estades todos/as invitados a compartir a presentación deste “fillo” que ve a luz e que está enmarcado nun acto orgañizado polo Concello de Muxía e que terá continuidade coa presentación no futuro de 5 libros máis dentro do programa cultural “Lendo Lendas”.
-Foto e texto . Xosé Búa “Pirata”