Antre mañán 25 de Xuño do 2024 e pasado mañán 26 estarán no porto deportivo de Muxía os veleiros da 9ª travesía 2O Camiño a vela”, que xa visitou o porto muxián nas anteriores edicións. Máis dunha vintena de veleiros con arredor de 200 tripulantes sairon do porto francés de La Rochelle o pasado 6 de Xuño, como xa vos informamos, e tras percorrer todo o Golfo de Vizkaia e cornisa cantábrica, chegaron a Galicia parando en Ribadeo , Cedeira e A Coruña, de onde partirán mañán hacia Muxía, para o día 27 partir hacia Muros. En cada escala paran un día de descanso e realizan actividades.De Muros poñerán rumbo deica Ribeira e despois Vilagarcía, lugar desde onde rematarán a peregrinaxe por mar e irán a pé ata Santiago de Compostela pasando por Padrón.
Para os primeiros días de Xullo recalará tamén na “Marina Muxía”, outra travesía de veleiros procedentes de Francia. O porto deportivo muxián tivo un movemento o poasado ano de en torno os 800 amarres de iates e veleiros, quedando no segundo lugar das marinas deportivas de Galicia por segundo ano consecutivo.
-Foto : A orgañización
-Texto : Xosé Búa “Pirata”