Hoxe 17 xuño 2026 comeza a consulta : “Os Piratas de Muxía pedimos o voto favorable á denominación RC Deportivo da Coruña na consulta aos socios”.

Desde a Peña Deportivista Os Piratas de Muxía queremos facer público o noso apoio á proposta de adaptación do nome do Real Club Deportivo de La Coruña á Real Club Deportivo de A Coruña en catelán e Real Clube Deportivo da Coruña na toponimia oficial en galego, coincidindo coa consulta entre masa social será vinculante e celebrarase antre hoxe 17, (09:00 horas), e ó Domingo 21 de xuño ás 18:00 horas . O sistema será de maneira telemática e o clube aportará o enlace para facelo.

Animamos aos socios, (amigos e siareiros), a participar na votación e a respaldar a opción de que por unha débeda histórica ca nosa cultura e sendo o clube máis representativo de Galicia, aquí e polo mundo, e pase a denominarse oficialmente Real Club Deportivo da Coruña en galego, pasadndo a ser no escudo a referencia á cidade como A Coruña, como xa o facemos moito nas nosas bandeiras e bufandas.

A decisión de someter esta cuestión a referendo foi adoptada o pasado 13 de maio tras a celebración do I Foro Social do RC Deportivo, no que se acordou consultar directamente aos abonados sobre un posible cambio de denominación. A votación realizarase de maneira telemática e o club habilitará tamén un servizo telefónico específico para persoas maiores de 65 anos e outros colectivos que precisen asistencia.

Poderán votar tódolos aboados/as e socios amigo con como mínimo 12 anos cumpridos a data do 17 de xuño de 2026.

Desde Os Piratas de Muxía considemos que esta modificación suporía un paso natural para unha entidade profundamente vinculada a Galicia e á súa identidade. Neste sentido, queremos destacar que o Deportivo pode presumir de contar con socios nos 313 concellos galegos, un feito que evidencia a dimensión galega do club e a súa capacidade para representar o sentimento deportivista en todo o noso país.

Entendemos que a adopción da forma oficial galega reforzaría o vínculo do club coa nosa terra, coa súa lingua e coa realidade social da maior parte da súa masa social, polo que facemos un chamamento a apoiar a proposta nas votacións. Tamén temos que dicir que respetaremos o que decida a maioría.

A Peña deportivista “Os Piratas de Muxía” desde que se federou no 1994 participou en varias campañas de petición do troco do nome ao da nosa fala, sen ningún tipo de política, senón por un sentimento de pertenza do clube a nosa cultura e a dos que nos preceden.

-Enlace para entrar a votar o que decidas : rcdeportivo.es/consulta

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

(Presidente fundador da Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía”, accionista e socio desde 1994 e asiduo a Riazor desde 1990).