MAMADOU KONÉ SONA MOI FORTE PARA A DIANTEIRA DO DEPOR

 

O marfileño Mamodou Koné sona forte para a dianteira do Depor

Con Quique González xa no Eibar e mandando mensaxes de agradecemento o Depor e a diretiva polo trato recibido e polas facilidades para poder acceder a un Primeira, e con Carlos Fernández sen novas do Sevilla CF do que vai a facer co seu futuro, (o Depor ten opción preferente igualando calquer oferta, que sería complicado facelo), o equipo deportivista conta nas suas filas de pretempada con Diego Rolán, cun soldo inalcanzable para a Segunda no clube deportivista. O que parece que quedará fixo é o venezolano Crístian Santos.

Sona forte dende terras madrileñas o nome de Mamadou Koné, propiedade do Leganés, e que o ano pasado por lesión só xogou 8 encontros co Málaga CF, no que estivo cedido. O interese do clube madrileño por Juanfran, pode ser unha peza de recambio. Segundo nos comentan dende Madrid, Koné chegaría cedido e con opción de compra se o Depor ascende a vindeira tempada.

Carmelo del Pozo a pregunta do interese por este xogador dixo que : “Hai unha posibilidade, veremos se se concreta ou non. Un xogador polivalente, dianteiro ou segunda liña de ataque. Hai varios equipos tentándoo e estamos na pelexa. Os flocos ás veces estragan as cousas, pero hai interese tanto da dirección deportiva como por parte do corpo técnico. É un xogador interesante e esperamos que se poida dar”.

Mamadou Koné, (Binguerville-Costa de Marfil, 25/12/2011), de 27 anos de idade, chegou moi xovenciño ao Racing de Santander na 1ª División 2011/12, con tansó 20 anos e xogou 6 encontros. O ano seguinte pasou ao filial santanderino no que só xogou 4 encontros. O descenso do equipo cántabro deulle a oportunidade de voltar o primeiro equipo no que en 3 tempadas acadou 30 goles, en duas tempadas na Segunda e unha na 3ª. Na 2015/16 pasou ao Real Oviedo no que marcou 6 goles en 36 encontros, para logo ao Leganés no que practicamente non xogou, con só 5 encontros en duas tempadas.

O marfileño se chega, buscará a continuidade que lle faltou ultimamente para tratar de recuperar a sua mellor versión.

Unha aposta un pouco arriscada, pero sería un suplemento para Crístian Santos ou para outra parella que como falábamos días atrás podería ser Samuelle Longo, que xa deu o sí ao Depor, pero ten a derradeira palabra o Inter de Milán co que está de xira por Ásia e que conta con 5 dianteiros, polo que buscará unha venda ou unha cesión.

 

Sobre Samuelle Longo del Pozo dixo na rolda de prensa de presentación de Kike Vegas, que podes ver nas nosas novas e nos nosos “Vídeos Recomendados” : “Tanto Koné como Longo terían que vir a préstamo e serían dúas boas adquisicións. A idea é que se poden vir os dous, mellor que uno”, dixo del Pozo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es