MALPICA E PONTECESO PASAN A DAZASEISAVOS DA “LXI COPA DA COSTA” TRALA DISPUTA DE MEDIA PREVIA.

LXI COPA DA COSTA
Previa
Domingo 07/12/2025

UD Corcubión  Sporting Zas, 28/12, ás 16:00

UD Cerqueda 0-3 Ponteceso SD

CD Nantón  Cabana SD, 28/12, ás 16:00

SCD Buño 0-2 SCD Malpica

 Previa recortada pola falta de efectivos

A LXI Copa da Costa presentaba unha previa composta por catro encontros, mais só dous puideron disputarse. Dous choques quedaron adiados para o 28 de Nadal, “Día dos Santos Inocentes”, logo de que os equipos implicados acordasen aprazalos por non contar con efectivos suficientes. O mal tempo e as numerosas baixas marcaron unha xornada totalmente condicionada, nunha época que non lle gusta a ninguén que se xogue.

SCD Buño 0-2 SCD Malpica

O derbi malpicán cae do lado visitante

O Campo de Xaviña, en Buño, acolleu un derbi de máxima rivalidade no que o SCD Malpica impúxose por 0-2 ao SCD Buño, certificando así a súa presenza nos dezaseisavos de final, onde se medirá ao CF Lira o 4 de xaneiro de 2026.

O encontro estivo marcado polas enormes dificultades do conxunto oleiro, que só puido presentar dous xogadores de campo e un porteiro no banco. Aínda así, o Buño mantívose firme na primeira metade, cun choque moi físico e condicionado pola choiva e o vento.

Non foi até o minuto 57 cando Pablo García abriu a lata para o Malpica, culminando unha transición rápida que rompeu o equilibrio. O Buño tentou reaccionar, pero a falta de trocos pesou nos minutos finais, nos que Crístian Fernández, no 83’, sentenciou cun disparo cruzado que puxo o definitivo 0-2.

O Malpica supera así a eliminatoria e continúa con paso firme nun torneo que coñece moi ben.

UD Cerqueda 0-3 Ponteceso SD

O Ponteceso resolve pola vía rápida

No segundo encontro disputado en Xaviña, outro derbi de proximidade, o Ponteceso SD impúxose con claridade por 0-3 á UD Cerqueda, nun choque decidido practicamente na primeira metade.

O cadro da Terra de Pondal golpeou cedo: Abel García, aos 20 minutos, fixo o 0-1 aproveitando unha xogada interior. Apenas nove minutos despois, no 29’, Hadrián ampliaba a vantaxe poñendo costa arriba o duelo para o Cerqueda.

Antes do descanso, no 40’, de novo Abel García apareceu para asinar o seu dobrete e deixar moi encarrilada a clasificación pontecesá. Na segunda metade o marcador xa non se movería, nun tramo final no que o mal tempo foi protagonista e deixou o xogo moi condicionado.

Co triunfo, o Ponteceso avanza a dezaseisavos de final, onde se enfrontará ao SD Castriz.

ENCONTRO E HORARIOS
-DAZASEISAVOS-

-03/01/2026-

Atlético Pereiriña-Camariñas FC
SD Camelle-Outes FC

SD Oza-CD Muros

SD Coristanco-Cabana SD

Intre de Brens-Xallas FC

-04/01/2026-

Ponteceso SD-SD Castriz

CF Mazaricos-SD Fisterra

SD San Lorenzo-CF Muxía

CD Baiñas-UD Monte Louro
SD Laxe-CD Baio
Sporting Seaia CF- Sporting Zas
CF Dumbría-SD Sofán
CF Lira-SCD Malpica

CF Corme-SCDR Esteirana

Volantes de Baño FC-Soneira SD

UC Cee-CF Porteño

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”