Malpica acolleu hoxe a “II Fase de Niveis de patinaxe”, no Pavillón Municipal

 

Malpica acolleu hoxe a II Fase de Niveis de patinaxe, no Pavillón Municipal

Este evento está organizado polo Club de Patinaxe Velúa, da localidade malpicá.

Malpica, 9 de novembro O club malpicán conta cunha ampla representación nesta fase, coas patinadoras Antía Pérez, Noela Díaz, Mara Rega, Lara Verdes, Noelia Cedeira, Leticia Chouciño e Ainhoa López. Noelia Díaz conseguiu o pase ao nivel 2, Lara Verdes ao 3 e Leticia Chouciño ao 4.

O alcalde Walter Pardo, achegouse esta mañá para compartir un anaco coas patinadoras.

Participaron conxuntos da zona norte da Coruña. En total, catorce equipos, con arredor de 100 inscritos, e que comprende os niveis 1, 2 e 3. Participaron os clubes Lenda, Costa da Morte, Patín Axel, Escola Lubiáns, Conxuro, Buxaina, Alquimia, Velúa, Aura e Inercia.

Pola tarde, saltaron á pista os integrantes dos conxuntos Compañía María, Patiart Coristanco, Liceo La Paz e o Raiola.

Bo ambente no polideportivo malpicán.

 

-Fotos e Texto : Concello de Malpica

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies