MALPICA ABRE O SEU XIMNASIO DENDE O VINDEIRO LUNS CON CITA PREVIA.

.
O ximnasio Municipal de Malpica estará dispoñible á cidadanía desde o vindeiro luns 15 de xuño. O seu uso será exclusivamente mediante cita previa, con aforo limitado e unha duración de adestramento de 55 minutos como máximo. Ademáis segundo nos informan dende o consistorio malpicán desinfectarase os aparellos despois de cada quenda, e colocaranse dispensadores de hidroxel e papel en lugares accesibles aos usuarios. Tamén nos informan que non se poderán empregar os vestiarios.
.
Pódese pedir cita previa no 981 72 14 09.
Horario de mañás de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas
Horario de tardes de luns a venres de 19.00 a 22.00 horas.

.

-Foto e Texto :  Departamento de prensa Concello de Malpica/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.