MALOS RESULTADOS DAS SELECCIÓNS DA COSTA MASCULINAS E BOS DAS FEMININAS NO CAMPIONATO GALEGO QUE REMATA HOXE COAS RAPAZAS.

Os Sub 11 fixeron o único punto dos rapaces.

 

Seleccións da Costa Masculinas Sub11 e Sub13

No día de onte tiñan lugar os encontro do Campionato Galego de Seleccións Comarcais masculinas Sub 11 e Sub 13, nos que participaba a Selección da Costa en ambas categorías. Os encontros tiveron lugar no campo de fútbol de O Lourambal, en O Porriño, nesta primeira fase do campionato, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Concello do Porriño, e do Porriño Industrial FC.

A bagaxe dos equipos costeiros non foi nada boa, con 5 derrotas e un empate. Os nosos rapaces caían na categoría Sub11 por 6-1 coa Selección de A Coruña, empataban 1-1 ca de Lugo e caían por 8-1 ca de Pontevedra e 6-0 ca de Vigo. Pola sua banda os Sub13 caían 2-3 ca Selección de A Coruña e 2-0 ca de Lugo.

Hoxe turno das rapazas en Sub 11 e Sub 14

A Selección da Costa debuta esta tarde nos campo de fútbol Municipais de Cotorrón e As Baloutas de Mos. Un evento que conta coa colaboración do Concello de Mos, do club Louro Tameiga, e da Unión Deportiva Mos.

En Sub 11 as nosas debutaban ante a Lugo e vencían por 2-0, para logo xogar ante a Selección da Coruña ca que caían por 3-2, nun choque no que se puxeron por diante duas veces, e pola tarde xogarán ante Vigo ás 16:00 e pecharán esta primeira fase ante Pontevedra ás 17:30 horas.

No que se refire as Sub 14, xogaron ante a Coruña, ca que empataron a ceros, (0-0), e finalizaban ante Lugo ás 18:00 horas.

 

Fotos dos rapaces

(Non temos das rapazas porque non publicou ainda ningunha a Federación)

 

 

 

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Fotos : Web RFGF