MALESTAR POLA PROPOSTA DA RFGF PARA A “COPA DA COSTA FEMININA” QUE SE SORTEARÁ ESTE SÁBADO EN ZAS.

O primeiro equipo do Bergantiños non está invitado.

 

Este vindeiro sábado 20 de Abril sortearase a Copa da Costa Feminina en Zas no auditorio do concello zacense. Fai unha semana chegábanos por parte dun adestrador costeiro a proposta da Real Federación Galega de Fútbol, que lle parecía un despropósito en tódolos aspectos, pero pouco despois pedíanos que non a publicásemos debido a que a propia federación anunciaba que ían a darlle “unha volta”.

Non houbo tal volta e hoxe por medio de outro adestrador, 8moi cabreado co sstema), chegábanos a nova proposta que se someterá a sorteo o vindeiro sábado. Non trocou nada e se xa acabaron ca Copa da Costa senior masculina a que lle puxeron encontros durante o inverno, coa mala sorte, (ainda por enriba), de días de temporal, os equipos ao xusto por cuestións de traballo o ser pola semana, (hai xente que traballa os festivos por semana, señores), campos sen afeccionados…

desta volta segundo nos informa este adestrador, pois a nós a RFGF tennos vetados desde fai uns anos, por non poñer o que queren, (antes chegábanos informacións de todo e cortáronnola por artigos nos que os criticamos).

Estes son os despropositos 

-Todo moi apurado e a pesares de ser 16 equipos unha copa en 7 días

-Fora o Bergantiños, (que se estará xogando moito na liga), e dentro o filial.

-Fora o Noia B e Nicrariense que o ano pasado puxeron como da costa

-Primeira eliminatoria o 12 de Maio, (penúltima xornada de liga)

-Segunda xornada 14 de Maio, (martes).

-Semifinais venres 17 de Maio, (Día das Letras Galegas, que non é festivo para todo o mundo)

-Final o 19 de Maio, (Domingo que coincide co derradeiro encontro de liga).

Consultamos a 4 adestradores incluido o que nos manda a información e para todos é un “despropósito, acabar con algo que podía ser moi bonito”. Preferimos non poñer quenes son xa que hai dous que prefiren que non se poña, e con razón.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Bergantiños FC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies