MALESTAR NO VIAXES AMARELLE E NO ARANGA POLA FALTA DE DISCULPAS POR PARTE DA RFGF TRAS DEIXALAS SEN ENCONTRO O PASADO VENRES.

Viaxes Amarelle de Santa Comba.

 

O Viaxes Amarelle de Santa Comba e o CDX Aranga, tiñan que ter xogado o pasado venres o encontro da Provincial Feminina FSF da Coruña. Cal foi a sua sorpresa, que xa no quecemento, avísanlles dende a Real Federación Galega de Fútbol, que non mandan árbitros, por un erro administrativo, co conseguinte gasto para ambos equipos, e o malestar de tódalas xogadoras e corpos técnicos, así como da afección presente.

Así nolo conta Eva Lema, do Viaxes Amarelle de Santa Comba, que deixou testimonio do acontecido nas suas redes sociais, e do malestar creado, a espera de polo menos unh disculpa, que non chegou : “A media hora de empezar chamáronnos que non nos mandaban árbitros, e que cancelásemos o partido. As rivais viñan desde Aranga, tiñan 1 hora e media, e xa estaban no pabellón. A verdade que a Federacion nesta categoría deixa moito que desexar e os árbitros tamén. Polo menos poderían pedir disculpas”.

Así o explica o Viaxes Amarelle de Santa Comba : “

Tarde do venres 25 de novembro de 2022, no pavillón Municipal de San Vicente (A Baña) tíñase previsto disputar o partido correspondente á 9ª xornada da liga Primeira Autonómica Feminina de Fútbol sala, competición provincial da Coruña, entre o Amarelle Concello de Santa Comba e o CDX Aranga FSF. Pero a falta de 40 minutos para o comezo do partido, e cos dous equipos na instalación, a Real Federación Galega de Fútbol comunica que o partido non se poderá disputar porque un erro administrativo non xerou o envío de colexiados para a disputa do partido.

O encontro inicialmente programouse para que se disputase na tarde do domingo 27 de novembro; pero o CDX Aranga FSF contactou co conxunto xalleiro para mirar a opción de modificar a data do encontro, porque non tiñan xogadoras suficientes para afrontar o encontro na data inicialmente marcada. O conxunto xalleiro confirmou a posibilidade de poder disputalo na tarde do venres 25 de novembro, e ambos os clubs, con acordo previo, comunicárono polo leito oficial á Real Federación Galega de Fútbol.

Tras o acordo entre clubs, faltaba a confirmación por parte da Real Federación Galega de Fútbol; e tras unha primeira comunicación na mañá do xoves 24 de novembro de que tras recibir a conformidade de clubs e de CTAFS, quedaba pendente a recepción da notificación vía correo federativo confirmando a reatribución do encontro para a súa posterior designación arbitral; e esta segunda confirmación chegaría no mediodía do venres 25 de novembro.

Posto que a confirmación chegara por parte da Real Federación Galega de Fútbol, ambos os equipos preséntanse con antelación á disputa do partido no Pavillón Municipal de San Vicente (A Baña); e mentres as xogadoras de ambos os equipos atopábanse nos vestiarios para cambiarse e comezar o quecemento previo ao partido, persoal federativo comunica a ambos os clubs de que o partido queda suspendido, e este non se poderá celebrar nesta data, e queda supeditado a súa posterior data a unha resolución do Comité de Competición.

Estando os dous equipos na instalación, e xa cambiados para a disputa do partido, as xogadoras e técnicos dos dous equipos decidiron realizar un adestramento conxunto, para que ningún dos equipos fósese sen carga dese desprazamento para poder disputar o encontro previsto na competición provincial, e que agora queda supeditado a súa nova disputa á resolución do Comité de Competición da Real Federación Galega de Fútbol.

O equipo xalleiro seguirá traballando nas próximas semanas, para preparar o seguinte duelo da competición; que será dentro de dúas semanas, con motivo do parón de competicións prevista para a próxima fin de semana, e onde o Amarelle Concello de Santa Comba visitará a cancha do Maruxas de Nata Ou Parrulo Ferrol FS”.

-Foto : Viaxes Amarelle FSF

-Texto : piratasdemuxia/Viaxes Amarelle