MALESTAR NO ENTORNO DA SD FISTERRA POLA ARBITRAXE DO PASADO DOMINGO ANTE O UD OURENSE.

 

Con moita ilusión esperábase o choque do pasado Domingo no “Arasolis” antre o SD Fisterra e o UD Ourense, dous clubes con duas das mellores afeccións da categoría, pero o que parecía unha festa do fútbol, transformouse, (segundo nos comentan), “nun deatado de nervos e crispación, ante unha arbitraxe premeditada”. 

Un dos capitáns do equipo “verdiño”, Adrián “Makaay”, estoupaba nas redes, trala arbitraxe de Sergio Miguéns Santiago, axudado dende as bandas por Enrique Refojo e Pedro Mirazo. O xogador fisterráns decía no seu FaceBook que : “Von a estar calado porque non podo falar,pero ainda en quente solo quero desir esto. De min e da miña xente non se ri nin María Santísima. Que lle quede claro a todo Dios. Nada mais. Esta xente da foto, esta directiva e esta plantilla merese todo o respeto do mundo. Todo. E hoxe viñeron a faltárnolo. Este partido fai 20 anos non queda así,pero xa fui. Xa demostraron que non todos os escudos son iguales,e que o noso pesa muy pouco para estes que mandan. Pero é o noso,e volvo a repetir. D min non se ri nin María Santísima. A seguir competindo(si nos deixan). Para a semana outro porque non vamos a baixar os brazos,ainda que aljuns sean o que queren”.

Un comentario que era apoiado por gran número de siareiros, con alusións a arbitraxe como de : “Roubo”,…”se xogamos contra 14 é imposible”…”unha cousa é non saber máis e outra diferente é vir premeditado e a facer dano”…”Este equipo non se merece o daño que lle fixeron hoxe”…”Un Roubo desde o minuto 0 asta o 90. O penalti, as faltas a favor deles, a tarjeta a aaron, as faltas q nn vos pitaron a vos… E as mans!! As dichosas mans.pfff”…”Só lle faltaba poñer a camiseta roxa igual ca deles, con un arbitraxe así é imposible”…E moitas máis alusións relacionadas ca arbitraxe, que tirou, segundo comentan xeralmente de maneira, “descarada e premeditada en favor dos ourensáns, inventándose un penalti, expulsando ao segundo adestrador do equipo e a Aarón, que non fixo nada e que é un rapaz ao que se lle contan cunha man e sobran dedos, os cartóns que leva na sua carreira”, segundo nos comenta un comentarista da nosa web, ex xogador da SD Fisterra, que estivo presente no campo e nn : “deu creto ao que veuna actitude do colexiado”.

O equipo fisterrán marcha 7º na táboa clasificatoria con 27 puntos a 8 puntos do posto de salvación que marca o límite, e que ocupa o CD Barco. Os “verdiños” a visitan ao CD Ribadumia, que ocupa a 5ª praza cos mesmos puntos, (35), co CD Barco, pero fora da salvación por golaveraxe. 

O encontro ante o CD Ribadumia será o vindeiro Domingo 9 de Mario a partires das 17:30 horas no campo de “A Senra”, dirixido por Manuel Casanova Escudeiro, auspiciado nas bandas por José Daniel Rodicio e Rubén Castro.

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies