MALESTAR EN DUMBRÍA ANTE AS RESPOSTAS DO SECRETARIO XERAL DO DEPORTE DA XUNTA SOBRE A ANSIADA CANLE DE AUGAS BRAVAS NO RÍO DUMBRIÉS.

Os dumbrieses compiten a gran nivel nacional e internacional.

 

Malestar en Dumbría, tras escoitar as manifestacións do Secretario de Deportes da Xunta de Galicia, José Manuel Lete, tras unha pregunta no Parlamento de Galicia sobre a ansiada e desexada canle de piragüismo de Dumbría, que saeu tras falar os políticos sobre a futura canle de augas bravas de Pontevedra.

Segundo nos comentan dende terras dumbriesas Lete decía que estaban a espera de que o alcalde dumbriés se puxese dacordo cos pescadores do río Xallas, para poder comezar co proxecto da canle.

Dende Dumbría sosteñen que “o alcalde non ten nada que arranxar cos pescadores pois non é competencia deles senón da Xunta”.

Quique Portela, presidente do CDM Piragüismo Dumbría dinos que “sinto incomprensión por non se levar a cabo o proxecto”. O presidente do clube dumbriés ten esperanzas de que se leve a cabo este proxecto, “xa que sería moi bo para a comarca en tódolos aspectos, e non comprendemos como un club de pescadores que nen son da zona pode ser utilizado para bloquear o proxecto”, pero cre que “esto apunta a que vai para rato”.

A canle de augas bravas de Dumbría que ben sendo reivindicada tanto polo concello dumbriés, coma polo CDM Piragüismo Dumbría dende fai anos, é unha necesidade, e máis se temos en conta que en Galicia temos 5 dos clubes de piragüismo máis importantes de España, antre eles o clube que preside Portela, e tal como apuntaba Lete na sua resposta a pregunta, “temos en Galicia o 40% dos clubes de gran nivel, de España”, pois si eso é así hai que cuidalos e axudalos a que compitan coas mesmas instalacións ca os do resto do estado español, e sen diferenciar se son nas cidades ou nos pobos.

-Foto : CDM Piragüismo Dumbría

-Texto : Xosé Búa “Pirata”