Adrián é un dos xogadores de máis calidade do Muxía CF.
O pasado 30 de Maio no encontro da Copa da Costa antre o Muxía e o Soneira, que se xogou no Conco, (Dumbría), o xogador muxián, Adrián Alcaina tiña que abandoar o terreo de xogo tras sufrir unha lesión de xeonllo que tiña moi mala pinta.
Tralas primeiras exploracións os galenos decidiron esperar a que lle baixase o líquido do xeonllo para así poder dar o diagnóstico final, o cal recibeu hoxe tralas segunda exploración, e as novas foron malas, diagnosticáronlle rotura do ligamento cruzado anterior da sua perna dereita.
Polo tanto Adrián estará sen poder voltar aos terreos de xogo, antre 4 e 6 meses, todo dependendo de se a rotura foi total ou parcial.
O noso desexo de que teña unha pronta e satisfactoria recupeación.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”