CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Había dobre cita para os masculinos do Fisober na tarde do domingo nas Instalacións Deportivas de O Conco en Dumbría, e a vagaxe para os dous conxuntos do clube fisoberista foi de derrota.
Na Liga Autonómica Infantil Masculina no seu grupo Norte A o Fisober recibía ao Colegio Liceo dentro da primeira xornada de liga con resultado de tres a catro a prol dos visitantes.
Polo Fisober formaron: David, Pablo Costa, Adrián, Gabriel , Pablo Taboada; tamén xogaron: Manu, Eloy Figueroa, Iago Insua, Dani.
Os colexiados foron Francisco Pena e Rafael Tovar.
Os goles costeiros foron obra de Adrián en dúas ocasións i Eloy Figueroa.
A vindeira semana o Fisober visita a Os Meigallos en Sarria.
Na Liga Autonómica Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober recibía ao EDM Concello de Guitiriz dentro da segunda xornada de liga con resultado de cero a oito a prol dos visitantes.
Polo Fisober formaron: Brais, Alex, Adan, Eloy Sambad, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Adrián, Martín, Pablo Costa, Suso, Leo, Julián.
Os colexiados foron Rafael Tovar e Francisco Pena.
A vindeira semana o Fisober visita a pista de A Piringalla.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad