MALA NOVA NO EQUIPO DEPORTIVISTA CA LESIÓN DE KEKO GONTÁN.

 

Xa no lo temíamos tras abandoar o pasado Domingo o terreo de xogo Keko Gontán, no choque ante o Marino de Luanco. Así foi e hoxe confirmouse un problema nos isquios, o que podería deixalo fora para os dous encontros que restan, perdendo así ao único xogador da plantilla que marca diferenzas e que lle deu moitos putnos o equipo, de maneira direta ou cas suas asistencias e penalttis sufridos.

Parte Médico

Keko Gontán foi sometido a probas médicas onte luns para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle impideron finalizar o choque do pasado domingo no campo de Miramar en Luanco.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.

Por conseguinte, o atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á etapa de readaptación física co readaptador, Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies