MAL DÍA PARA SONEIRA E MAZARICOS NOS ENCONTROS ADIANTADOS DA 1ª GALICIA G2.

O CF Mazaricos mereceu o empate ante o Praiña,.

 

Nen SD Soneira nen CF Mazaricos tiveron un bo dá nos dous encontros adiantados da 14ª xornada da 1ª Galicia G2. Os vimianceses, líderes da competición empataban co CD Unión, (2-2) e os mazariquenses caían co Praiña Sporting Club, (2-1), ven e certo que eran dous rivais moi complicados ambos.

 

CD Unión 2-2 SD Soneira

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido no que nós sumamos 1 punto e o Unión perdeu dous. Na primeira metade o equipo puido competir medianamente ben. Tivemos o control ainda que sen moita profundidade. Na segunda parte o Unión perdonounos a vida e puido adiantarse en varias ocasións,pero unhas veces Javi e outras a falta de puntería, fixo que o marcador non se movera”.

Goles : 1-0, Crístian, (14´); 1-1, David Agra, (23´); 1-2, Basti, (25´); 2-2, Manuel Vigo, (29´).

 

Praiña Sporting Club 2-1 CF Mazaricos

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) :Partido no que 2 fallos defensivos nos primeiros 20 minutos nos marcaron e condicionaron o resto do encontro. Salimos buscando espacios en amplitud, pero demasiado expectantes do que facia o Praiña, que levou a iniciativa na maior parte do primeiro tempo. O 1 – 0 chega nun centro a área no que se produce un mal entendemento entre Dani Fedello e a zaga que orixina o gol deles. Siguen eles encima, e noutra xogada por banda un fallo de marcaxe e intensidad dentro da área facilita o 2-0. Desde aí damos un pasiño aínda que pouco inquietamos a area local. Na segunda parte adiantamos líneas e buscamos o rival… Facemonos protagonistas, e chegan as ocasións… Yago materializa o 2-1… E apretamos o resto da segunda mitad, o final ten unha clara Pose…Seguramente o empate fose máis que xusto, pero toca seguir traballando. Si temos que perder que sea así”.

Goles : 1-0, Román, (12´); 2-0, Adrián, (27´); 2-1, Yago Dosil, (75´).

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia.es/adestradores

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.