Once inicial do Deportivo Xuvenil A.
Atlhetic Club 1-0 Deportivo Xuvenil A
Desde o primeiro minuto de xogo foron os rapaces do mazariquense, Miguel Figueira, a polo encontro e pecharon no seu campo e na sua área o equipo bilbaino. Tremenda a bada dereita deportivista con Pablo García e Guerrero. Tiveron numerosas chegadas e ocasións para irse o descanso co encontro a seu favor.
Na segunda máis do mesmo, dominio branquiazul, chegadas e oacasións, incluso probaron a madeira ademáis das lubas do meta vasco, pero o gol no chegou. Por intres o Athletic estirouse e creou perigo e tivo un par de boas ocasións preliminares o gol que chegaría nunha falta lateral na que colgan o área o meta deportivista non bloca o balón vaiselle das mans o que aproveita o capitán do equipo vasco, Unamuno, para marcar co xeonllo aproveitando o rexeite.
Pouco despois o equipo bilbaino quedaba cun menos pero a pesares dos intentos non chegaría o gol para forzar a tregua. En defensa a pesares de xogar con 10 foi cando mellor se atoparon os rapaces vascos.
Xuvenil A: Álex, Pablo García (Mario, min. 69), Hugo Torres, Samu (Adrián, min. 46), David (Nico Ruiz, min. 81), Álvaro, Guerrero, Lucas (Daniel, min. 81), Rubén, Manu Ferreiro e Dipanda (José Rey, min. 52)
Gol : 1-0, Unamuno, (76´).
-Vídeo : RC Deportivo
-Foto : Captura de vídeo
.Texto : Xosé Búa “Pirata”