MÁIS NOVAS BREVES DO FÚTBOL MODESTO E DA COSTA : CORME, LARACHA, DUMBRÍA, CASTRELO, ESTEIRANA… .

O Cairo terá dobre sesión o vindeioro Domingo.

 

Dobre cita o vindeiro Domingo  no Corme CF

O vindeiro Domingo 14 de Agosto o Corme CF porase o traxe de gala no campo “O Cairo”, para ver a posta en escea do equipo senior e o xuvenil. Ás 17:00 horas serán os xuvenís os que saltarán o campo para enfrontarse ao Atlético Os Castros. Un par de horas máis tarde, tralo remate dos senior, (19:00 horas), no banco volve a sentarse, José Ángel Pérez, que ten como caras novas a Martín Martínez e Isra, e repiten : Adrián, (porteiro), Brais Pailos, Brais Andrade, Noel, Aitor, Manu Bermúdez, Javi Peón, Samu Costa, Diego, Alejo Cambón, Jesús, Eloy, Hugo, e Lucas. O rival tamén será o equipo coruñés, Atlético Os Castros, desta volta o senior.

 

Segue adiante o proxecto do Corme Feminino

omentar que o Corme CF segue traballando a reo para poder presentar equipo feminino a vindeira tempada, un traballo que se intensificou dende o mes de xuño e que segue a moi bo ritmo, segundo nos comentan dende o equipo cormelán, que trata de dar así saida a moitas rapazas que xogaron na base cormelá, e que tratan de recuperar, como é o caso da ex do Bergantiños FC, Carla Pose, que causaba baixa a principios de mes no clube carballés, tal e como xa vos temos contado, e que se apunta ao ilusionante proxecto dos do Roncudo.

 

O Laracha CF goleou na estrea de Rubén García

Enfronotuse no día de onte o Laracha CF, (1ª Galicia G1), ao Suevos CF, (2ª Galicia), ex equipo do estordés, Rubén García, e fíxoo con goleada, (0-7). Dispuxo o de Estorde, (Cee), dun equipo en cada tempo. Teñen varios xogadores a proba, pero o capítulo de fichaxes ainda non está pechado, e poderían chegar 3 ou 4 caras novas máis. A día de hoxe a plantilla do equipo larachés, está formada por :

Javi Míguez – Porteiro

Adrián Bocija – Defensa
José Manuel González ‘Yosi’ (sin equipo) – Defensa
Jonny Añón (Suevos) – Defensa
David Dopico – Defensa
Moisés Díaz – Defensa
Jony Lage – Defensa
Dani Añón (Deportivo Juvenil) – Sin equipo

Joni Fleitas – Mediocentro
Achi Belkalcha (Suevos) – Mediocentro
Sergito (Victoria) – Mediocentro

Ibrahim Magdy (Pyramids Egipto) – Extremo
Pape Gaye – Diantero
Carlos Fuentes – Extremo
Minolo (Laracha Juvenil) – Extremo
Adrián Solla (Órdenes Juvenil) – Extremo.

 

A Esteirana levouse o “X Memorial Pedro Caamaño”

Posta de longo nos amigables de pretempada para o SCDR Esteirana, (1ª Galicia G2), co “X Memorial Pedro Caamaño”, no que se enfrontaba a todo un CF Noia, ao que venceron por 1-0, cun tanto de Elías, para levarse o preciado trofeo, e un trunfo que enche de moral, ante un gran equipo.

.
O xuvenil do CF Dumbría, Carlos vaise o RC Deportivo
Cando un xogador se vai para seguir progresando é motivo de satisfacción, para os que lle axudaron a crecer como deportista. Neste caso trátase do xove do CF Dumbría, Carlos, que tras completar toda a base dende benxamín ata xuvenil no clube dumbriés, colle o saco de deportes e trasládase a Abegondo, para militar nos xuvenís do RC Deportivo.
.
.
Tres fichaxes no CF Castrelo

Trala fichaxe do dianteiro procedente da SD Castriz, Rubén Blanco, polo CF Castrelo, (3ª da Costa), así como a de Fran Guilllín, que procedente tamén do equipo xalleiro, e a do adestrador porteño, José Manuel Ordóñez, ou a de Peke, procedente do Xallas FC, o presidente Esteban Caamaño, presentábanos ao meta, Martín Riveiro, procedente do CF Porteño, do que tamén chega, Adrián Olveira, e o vimiancés, Alberto “Quilmes”. Tamén renovaron a Dani Picallo, Adián Conde, Miguel Fernández e Sebastián Rodríguez. Os vimianceses, comezarán a pretempada o vindeiro 12 de Agosto ás 21:00 horas no Municipal de Vimianzo.

 

.

Máis novas do Fútbol da Costa e afeccionado en xeral :

PREME AQUÍ

 

-Foto : Fin Lema

-Texto : piratasdemuxia