MÁIS MOVEMENTOS NO FÚTBOL DA COSTA E O AFECCIONADO : LARACHA CF, CD BAIO, SD FISTERRA, CF DUMBRÍA, ATLÉTICO ARTEIXO…

 

Adrián Solla novo dianteiro para o Laracha CF

O Laracha FC segue coa boráxine de movementos e ven de anunciarnos a fichaxe do extremo dereito, Adrián Solla, que chega dende o Órdes, no que a pasada tempada disputou 21 encontros, 15 deles de titular e acumulando 1355 minutos. Xogador que se move por toda a parte de ataque, moi vertical e con gran disparo. Tamén chegou dende o Órdes o equipo larachés, Moisés Díaz. Foi no mercado de inverno e agora ven de renovar tras xogar 19 choques cos da Laracha, 16 deles de titular.

Félix García volve o banco do CD Baio

O adestrador, Félix García Raposo (Muimenta-Lugo, 1983), volve a que fora a sua casa, o CD Baio, no que xa estivo durante a presidencia de Chema Lema. O adestrador lugués quédalle o traballo de axudar a confeccionar a plantilla, co flamante presidente “Chino”, ao fronte.

Aarón López tamén deixa o SD Fisterra

Tempo de despedidas na SD Fisterra, ainda ca “LVII Copa da Costa” no fronte. Falábamos estes días das despedidas do tandem de adestradores, Juan Purrúa, e Juan Cabrejo. No primeiro ainda non temos datos de destino, o segundo apunta o Camariñas FC. Tamén as despedidas de Iván Bouzón, e Julián López, (ambos foron para o CF Noia), e agora chéganos a dun dos pesos pesados, Aarón López, que tamén deixa o equipo verdiño.

Dani Yerva fichaxe do CF Dumbría

Chega o tempo de incorporacións no CF Dumbría tralo descanso dunha longa tempada, na que fixeron un gran papel na 1ª Galicia. O derradeiro en chegar é Dani Yerva, xogador polivalente que se une aos renovados, Xabi, Mario, Brais Fernández, o meta Ánxo, Mataso, Darío Capelo, Kanario, Pablo Paz, e Rivi.

Horario para o duelo co Depor do Atlético Arteixo

O vindeiro 23 de Xullo terá lugar no Ponte dos Brozos, o Trofeo Santiago Apostol, en plenas festas arteixáns. O rival dos de Arteixo será, tal e como xa vos temos informado, o Depor, que xogará o seu primeiro choque de preparación, que ademáis terá un añadido especial, pois será de homenaxe a Don Arsenio Iglesias. Será o sábado 23 de Xullo a partires das 19:30 horas. O aforo será limitado, e as entradas a 10 euros, agás os socios do Atlético Arteixo que co seu abono entrarán de balde.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia