O RC Deportivo, a través da súa Fundación, quixo converter o Dépor-Pogoń de primeira eliminatoria da Uefa Youth League non só nunha festa da canteira e do deportivismo, senón tamén nun evento solidario.
Por iso, determinouse doar integramente a recadación do partido ao Centro Oncolóxico de Galicia a través do proxecto “Mételle un gol ao cancro”. A recadación final do partido, ao que as socias e socios do Dépor accederon libremente polo dereito que lles outorga o seu carné, ascendeu a 5.685 euros, aos que hai que sumar 500 euros que achega a UEFA a cada Club participante na Youth League, polo apoio que desde cada equipo xuvenil póidase brindar ao proxecto social ou solidario que cada conxunto considere.
Por este motivo, o equipo xuvenil do Dépor participará ao longo da temporada en actividades vinculadas ao Centro Oncolóxico de Galicia e ao proxecto “Mételle un gol ao cancro”, ao que representaron na entrega simbólica do cheque UEFA e no Palco de Honra de ABANCA-RIAZOR, Ángela Naveira, promotora do proxecto, e Alfonso Mariño, director médico de Centro Oncolóxico de Galicia.
Esta acción enmárcase ademais no obxectivo da Fundación RC Deportivo de aliñarse co ODS 3 da ONU: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sustentable.
-Texto e Foto : rcdeportivo.es