Máis de 100 deportivistas animarán no “Los Pajaritos

-PREVIA-

Martí está sempre moi atento nos adestramentos cos xogadores.

-José Luis Martí : Son bos xogadores, vano a demostrar. Hai que confiar neles. Eu confío plenamente neles”-
-Máis de 100 deportivistas animarán no “Los Pajaritos-

 

José Luis Martí deu rolda de prensa previa ao encontro de mañá venres 26 de abril en Soria ante o CD Numancia (21:00 horas-19:00 GMT), trasmitido en direto por Gol TV e LaLiga 1/2/3). O técnico deportivista non dixo nada do que falou Tino González na xuntanza con toda a plantilla e técnicos e apostillou que no único que confía plenamente nos seus xogadores : Son bos xogadores, vano a demostrar. Hai que confiar neles. Eu confío plenamente neles. E a afección vaino a facer tamén co resultado de cada día e co que todo o mundo queremos, que é conseguir a vitoria. A pesares de que estamos faltos de ledicias porparte do equipo, máis dun cento de afeccionados estaán no “Los Pajaritos” para animalosAbre a nova completa para ver as verbas do adestrador deportivista e a lista de convocados.

O ENCONTRO
CD Numancia de Soria Vs Depor
Xornada : 36ª
Campo : “Los Pajaritos”
Cidade : Soria
Hora : 21:00, (19:00 GMT)
Árbitro : Luis Mario Milla Alméndiz, (36 anos)
Colexio : andalúz
Arbitrados esta tempada o Depor :  Depor 2-2 Alcorcón
Arbitrados o Numancia : Lugo 3-2 Numancia; Alcorcón 1-1 Numancia;

 

LISTA DE CONVOCADOS

José Luis Martí citou a 19 futbolistas para o partido de mañá venres 26 de abril no Nuevo Estadio de Los Pajaritos (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Numancia, en partido correspondente á 36ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Entre os elixidos está Carlos Fernández. O dianteiro andaluz completou con normalidade unha nova sesión co grupo e recibiu a alta médica.

Caen da convocatoria por lesión Krohn-Dehli e David Simón, que realiza xa algunhas tarefas co grupo; e Pablo Marí, por sanción.

 

 
ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ LUIS MARTÍ
(Por : rcdeportivo.com)

José Luis Martí explicou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que leva a 19 futbolistas porque “realizaremos un pequeno exercicio mañá pola mañá. E sempre me gusta ir con esa previsión do que poida suceder”. “Hai xogadores que tiveron molestias e incorporáronse durante a semana aos poucos. Mellor ir previdos”, conclúe.

O técnico deportivista quere transmitir ao seu cadro a seguinte mensaxe: “Son bos xogadores, vano a demostrar. Hai que confiar neles. Eu confío plenamente neles. E a afección vaino a facer tamén co resultado de cada día e co que todo o mundo queremos, que é conseguir a vitoria”.

Do encontro de mañá venres 26 de abril en Soria ante o CD Numancia (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), espera “un partido moi disputado sobre todo en canto á posesión de balón. Dous dos equipos que máis posesión teñen da liga. Un equipo do Numancia que xoga a través diso, a través da combinación, arriscando moito, sendo un equipo moi valente en canto a esa posesión e buscar a través da combinación a portería rival”.

Por este motivo, pide ao seu equipo “ser capaces de estar ordenados, de non permitirlles en ningún momento esa circulación de balón. E a partir de aí cada vez que recuperemos o balón aproveitalo, pero sobre todo ter máis posesión que o rival e a través desa posesión tentar buscar a portería, sobre todo xerar ocasións de gol”.

Subliña Martí que “a nós nos gustaría xogar co noso público, en ABANCA-RIAZOR, pero é o calendario, é o que toca”. “Sabemos que cando volvamos gañar, e cando o público conecte cos xogadores e con todo o Club, e entre todos sexamos capaces de ter esa cohesión, as cousas van ir moitísimo mellor. Todo pasa por gañar, que é o que nos une máis. E iso é o que imos facer en Soria, tentar conseguir os 3 puntos”, apostila.

Preguntado polo recente comunicado do Club referente ao Consello de Administración, o adestrador branquiazul apunta que “o único que me preocupa é o meu traballo. O meu traballo é tentar adestrar aos futbolistas, deixarlles as cousas o máis claras posibles, de cal é a nosa filosofía e idea de xogo; prevendo o que nos imos a atopar no día a día e sobre todo o día de partido. E traballar. Temos todas as condicións para iso, co cal seguimos traballando. Non cambia nada para nós senón dedicarnos ao que nos compete, que é tentar gañar cada fin de semana”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

 

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies