“LVI COPA DA COSTA”-PREVIA DA VOLTA DE CUARTOS DE FINAL.

 

Mañán xóganse a volta de Cuartos de final da “LVI Copa da Costa”. 8 equipos en busca de 4 postos nas semifinais. A excepción do ridículo sorteo de Cuarots, o das eliminatorias a encontro único fíxolle ben a esta copa, que gaña un pequeno impulso a hora da ilusión e gañas de equipos que non contaban de estar aí, e que se se xogase a dobre encontro, de seguro que na maioría dos casos non estarían. Mágoa que non se sosteña este sistema ata a final como pasa na “Copa da Coruña”. Mañán Domingo xóganse os 4 encontros e tan só o FC Camariñas ten unha suculenta ventaxe tras derrotar na ida ao SD Coristanco por 3-0 no “Hermanas Patiño”, dous equipos da 3ª da Costa fronte a frone, o equipo coristanqués, campión de liga e o camariñán que entrou no “Play-off” pero non consigueu ascender. Máis igualado está todo no resto dos encontros, o Corme CF visita ao SD Castríz cun gol de ventaxe tralo espectaculra 5-4 da ida no “Cairo”. Un empate ou a vitoria daríalle o pase aos cormeláns. Calquer vitoria por 1 gol daríalle o pase aos castricenses, por goles fora da casa, agás o 5-4 que forzaría a prórroga, ou vitoria por resultado de un gol superior a esta. Ambos equipos atoparanse o vindeiro ano na Liga da Costa. O pasado curso ambos loitaron toda a liga polo ascenso e polo campionato ou o subcampionato. Os dous quedaron terceiros e os castricenses ascenderon na promoción, quedando os cormeláns na sua liga as portas dela. Outros que teñen moito en xogo son SCD Malpica e Cabana SD. O primeiro da Liga da Costa e o segundo recén ascendido como subcampión da 3ª da Costa. En terras cabansesas a vitoria foi local por 3-2, polo que está todo en xogo. A ventaxe é mínima para os cabaneses que precisan como mínimo unha vitoria por un gol ata o 3-2, onde habería prórroga, e de aí en diante os cabaneses precisarían unha vitoria por máis dun gol. Para os malpicáns a ventaxe estriba en que lles chega un empate, ou a vitoria evidentemente. A eliminatoria estrela sen dúbida é a que enfrontarán no “Platas Reinoso” ao CD Baio e ao SCDR Esteirana. Ambos equipos da 1ª Galicia G2, cun CD Baio que acabou na parte alta e un SCDR Esteirana que descenderá polos arrastres o quedar antepenúltimo. O resultado da ida en terras esteiranas foi de 1-0 polo que non hai nada decidio, e tratándose da copa, neste e no resto dos encontros non hai nada dito. Tódolos encontros ás 18:00 horas e en principio a entrada é unificada tamén con 3 euros de prezo.

 

ENCONTROS

 

Cabana SD-SCD Malpica

Campo : As Redondas, (Neaño-CXabana de Bergantiños

Hora : 18:00

Árbitro : David Castreje Ferrío, (Comité da Costa)

Asistentes . Iván Vilanova e Lucas Vicente, (ambos do Comité da Costa)

Na ida : 3-2, para os malpicáns.

SD Coristanco-FC Camariñas

Campo : A Rocheira, (San Roque-Coristanco)

Hora : 18:00

Árbitro : Luis M. Insua Lago, (Comité da Costa)

Asistentes : Daniel Martínez e Manuel Espasandí, (Ambos do Comité da Costa)

Na ida : na ida 3-0 para os camariñáns.

CD Baio-SCDR Esteirana

Campo : Platas Reinoso, (Baio)

Hora : 18:00

Árbitro : Marcos Ordóñez Rodrguez, (Comité da Coruña)

Asistentes : Iván Ferreiro, (Comité da Costa) e Óscar Rey, (Comité Galego)

Na ida : 1-0 para os esteiráns.

SD Castríz-Corme CF

Campo : San Pedro, (Castríz-Santa Comba)

Hora : 18:00

Árbitro : Oscar Santos Rodríguez, (Comité da Costa)

Asistentes : David García e Sebastian Pérez, (Ambos do Comité da Costa)

Na ida : na ida 5-4 para os cormeláns.

“En : “Cadros de torneos” tes tódolos cadros de tódalas Copas da Costa dende Veteranos ata Fútbol 8.