LUCÍA ALBA NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO E OUTRAS NOVAS DO RC DEPORTIVO.

Lucía Alba García (Ponferrada, León, 28 de setembro de 1999) será xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2022-2023.

Lucía procede do CDE Racing Féminas, equipo co que xogou 14 encontros a pasada temporada no grupo Norte de Reto Iberdrola, o mesmo campionato no que participou o Dépor ABANCA. A nova porteira deportivista alternou a titularidade baixo paus con Sara Serrat, que disputou os outros 16 choques.

Formada no CD Ponferrada (2014-2016) e o CD San Pío X valisoletano (2016-2017), ao comezo da campaña 2017-2018 incorporouse ao CD Parquesol, tamén da cidade do Pisuerga. No conxunto laranxa militou catro cursos, os dous últimos en Reto Iberdrola, competición na que acumula 55 encontros nas tres temporadas en que participou na mesma, a última co conxunto cántabro.

Lucía Alba súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa e Carlota Sánchez, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as fichaxes de Carlota Suárez, Millene Cabral, Marta Charle, Yohana e Letti.

 

O terceiro amigable será co Ponferradina

A terceira cita da Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data, lugar e rival. Será o mércores 3 de agosto a partir das 18:30 horas no campo municipal da Magdalena en Vilalba.

A SD Ponferradina e o Dépor enfrontaranse nun encontro tradicional nas últimas pretemporadas, tanto no campo lucense como no Toralín e ABANCA-RIAZOR e, tamén como nos últimos anos, coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Polo momento, os partidos confirmados da pretemporada do Dépor 2022-2023 son:

Atlético Arteixo-RC Deportivo, sábado 23 de xullo, 19:30 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)

Racing Villalbés-RC Deportivo, sábado 30 de xullo, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-SD Ponferradina, mércores 3 de agosto, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

Todos os partidos en directo a través de: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

 

Mackay e Bergantiños no primeiro día de venda das novas camisetas

Os capitáns do RC Deportivo, Álex Bergantiños e Ian Mackay, fixeron unha paréntese nos seus últimos días de vacacións para estar xunto aos Deportivistas no primeiro día completo de venda de Galicia Azul, a primeira camiseta do Dépor 2022-2023.

Ambos os futbolistas compartiron dúas horas con #ANOSAFORZA que se pasou pola DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, para coñecer non só a nova camiseta senón tamén o resto de equipamento de xogo branquiazul, os equipamentos de porteiro e parte da colección de adestramento da temporada.

 

Raúl García apreta o Valladolid para vir o Depor

Segundo varios medios de comunicación o ex canteirán do Depor, Raúl García Carnero, de 33 anos de idade, e que chegou a debutar co primeiro equipo no 2009, está a buscar a sua saida do Real Valladolid. O seu propio representante afirmaba que o xogador coruñés, está poñendo moito da sua parte, e que a sua primeira opción é vir o Depor. Raúl García, viría así a ocupar o oco deixado por Aguirre no lateral esquerdo, unha posición na que a día de hoxe só contamos con Héctor Hernández, que o ano pasado, salvo excepcións, xooguno cáseque todo.

 

O Depor quer a Soriano en propiedade

Segundo se comenta dende Madrid, Soriano, está a poñer moito da sua parte para voltar ao Depor. En principio falábase dunha nova cesión, pero agora parece ser que o Depor quer un traspaso. O xogador chegaría traspasado e con opcións para o Atlético de Madrid, tanto a hora de repescalo, coma en caso de ascenso do Depor.

 

-Fotos e Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies