LUCAS SERÁ PRESENTADO MAÑÁN POLA TARDE EN RIAZOR, (NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO)

 

Lucas será presentado en Riazor

O RC Deportivo anunciou que abrirá as portas de Tribuna inferior para a presentación de Lucas Pérez, a partires das 18:30 horas. O xogador primeiro adestrará pola mañán no propio Estadio de Riazor pola mañán co resto dos seus novos compañeiros, para despois pola tarde ás 18:00 dar rolda de prensa na sá de prensa da “nosa casa”, e logo ás 19:00 saltar o céspede de Riazor, e alí ser presentado ante a afección.

 

A maneira en que ven deu a volta o mundo

En tódolos xornais nacionais e moitos internacionais falan do caso de Lucas, como algo inaudito no fútbol mundial. Xa non o feito de baixar 2 categorías e sair do fútbol profesional, un fútbol no que todos os futbolistas soñan xogar, para vivir detes deporte, e en moitos caos facerse millonario, pero o de Monelos, fixo o posible para retornar o equipo da sua casa, negociando, e poñendo cartos do seu bolsillo, así coma perdoándolle cartos o seu xa ex equipo, o Cadiz CF. Tamén foron moitos os compañeiros de profesión, e ex deportivistas retirados, os que alabaron a maneira na que Lucas retorna o Depor.

 

Trilli, Bergantiños, Aroa e Carlota estarán cos nenos do Materno Infantil

Catro futbolistas coruñeses, Álex Bergantiños, Trilli, Aroa Guerra e Carlota Sánchez, serán os encargados mañá martes 3 de xaneiro a partir das 13:30 de repartir agasallos e ilusión aos máis pequenos no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Despois de varios anos suspendida por mor da pandemia, a Fundación RC Deportivo retoma esta actividade que sempre está marcada en vermello no calendario de #ANOSAFORZA.

 

 Depor comeza mañán martes a preparar a volta a liga

Despois dunha semana, a pasada, de posta a punto, e dun fin de ano sen traballo, Os Nosos comezan mañá martes 3 de xaneiro a preparar a primeira cita oficial do ano 2023, o domingo 8 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, InSports.tv e TVG-2) ante o Unionistas de Salamanca CF, en partido correspondente á 18ª xornada, penúltima da primeira volta.

O Dépor encarará ese partido na 4ª posición do grupo 1º de Primeira Federación con 32 puntos, só superado polo Real Madrid Castilla (3º con 35 puntos) e AD Alcorcón e Córdoba CF (ambos os igualados no liderado con 36 puntos).

Óscar Cano dispuxo cinco sesións de traballo, unha delas, a do sábado 7, en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.ç

 

O Feminino comezou hoxe a poreparar o encontro de liga

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos hoxe luns 2 de xaneiro de 2023 ás 17:00 na Cidade Deportiva para comezar a preparar xa a primeira cita do ano, o sábado 7 en Abegondo ás 12:00 ante o CD Alba Fundación Femenino, en partido correspondente á 14ª xornada en Primera Federación FutFem.

As branquiazuis marchan en 2ª posición da táboa con 25 puntos, a 1 punto do SD Eibar, líder agora con 26.

Irene Ferreras dispuxo catro sesións en Abegondo. Cada día que haxa traballo matinal, As Nosas deben presentarse na instalación ás 8:30 para realizar antes actividades complementarias previas a saltar ao céspede, como vídeo ou ximnasio.

-Foto e Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies