LUCAS PÉREZ SÍNTESE EN DÉBEDA CO DEPOR E PON OS PUNTOS SOBRE ÁS “IES” SOBRE CAL É O EQUIPO DE GALICIA.

 

Lucas Pérez estivo nos micros do programa “Ó Contrataque” da Radio Galega e confesou sentirse en débeda co Depor, xa que cando él marchou fíxoo deixando un Depor descendido a 2ª División e gustaríalle algún día poder axudalo : “Descendemos estando eu no persoal e é algo que sempre estará marcado para min. Oxalá algún día póidao compensar”, dixo, tras decir que se sentía : “triste polo que está pasando”.

O dianteiro deportivista foi consultado sobre quen era o equipo de Galicia, unha pregunta que non ven a conto dandolle unha ollada por enriba a quen é o equipo con máis anos, sócios, siareiros, títulos, participacións e méritos europeaos, etc, etc, etc….

Ante a pregunta foi tallante : “O Deportivo é o equipo máis importante de Galicia…diso non cabe a menor das dúbidas”….“Por repercusión, por historia e por todo, o Deportivo é o máis grande. Non hai ningún tipo de debate. O Deportivo agora mesmo está mal, pero unha cousa non quita a outra. A historia está aí. Gañouse no campo. O Celta é un gran club e está a facer as cousas moi ben, pero o máis importante de Galicia… O problema do fútbol galego é que o club máis importante da historia de Galicia está nun mal momento, o Lugo tamén está nun mal momento… Pero isto é un ciclo”, acabou decindo.

-Foto : Diario Marca

-Texto : piratasdemuxia/O Contrataque


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies