Nas redes sociais podían verse afeccionados en contra da volta de Lucas Pérez, días atrás e tempos atrás. Algúns por haber marchado na sua derradeira etapa, outros por supostamente calar no tema de Bergantiños con Tebas, outros porque son doutros equipos fustrados, e falan con nomes de usuario deportivista, sen selos, pero en xeral unha minoría.
Os que somos condescendentes, sabemos, que xa veu de Grecia, poñendo moito da sua parte, que axudou a permanenza, e que se foi deixando moitos millóns nas arcas do clube, a pesares de que él non quería irse.
Xa poderá marcar goles, ou non, xa poderá conseguir axudar a ascender ou non, pero o que é seguro, é que trouxo un aire de ilusión non visto por aquí en moito tempo, e que oxalá contaxie aos demáis, e como din en Arxentina : “De nada que salgan as cousas un pouco ben, eso irá a máis e terá boas consecuencias”.
Lucas foi recibido no Estadio de Riazor por 7.000 espectadores. A idea do clube era abrir so Tribuna Inferior, pero dado que esta pronto se encheou e quedaba outro tanto de deportivistas fora, abriron Tibruna Superior, e logo unha parte de General. Ademáis de todo isto Lucas Perez, Coruña e Deportivo, foron tendenza en Twitter.
Lucas saudou antre os gritos de : “Lucas, Lucas”, e “Nos van a ver volver”. O de Monelos, emocionado, mandou balóns a grada, e ata lle deu un a un neno que él calou dende que se virou hacia o público, e quitou fotos con varios afeccionados.
A volta de Lucas, e a maneira na que o fixo, perdendo cartos, metendo do seu bolsillo, e baixando de Primeira División a Terceira do fútbol español, foi recibida co cariño que se merecía, e a mellor nova foi que a sabia nova do deportivismo está asegurada, xa se veu cando foi o Play-Off de ascenso, e onte mesmo igual, con milleiros de nenos cas camisolas do Deportivo, amosando unha vez máis, que só entendemos esto como unha pasión, sen importar a categoría, algo que os diretivos deben coidar, dándonos algo máis ca disgustos.
“Benvido Lucas, e totalmente agradecidos da tua volta, que sexa un punto de inflexión dun resurxir”.
Antes pasou por rolda de prensa : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia