LUCAS DADO DE ALTA DA SUA OPERACIÓN E XA SE PASOU A ADESTRAR EN ABEGONDO.

 

Tal e como indican no RC Deportivo co parte Médico : “Lucas recibiu o alta no Hospital Quirón Salud A Coruña e xa acudiu a Abegondo para iniciar a súa recuperación supervisado nos primeiros días polo readaptador Álex Canosa. O dianteiro coruñés foi operado con éxito onte luns polo doutor Álvaro García-Rozado, acompañado polo Xefe dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo Carlos Lariño, dunha fractura do arco cigomático malar producido, tal e como explicou o propio futbolista nunha mensaxe a “a nosa forza” na última xogada do partido, nun choque cun xogador do AD Alcorcón”. O dianteiro coruñés chamou á tranquilidade ao asegurar que “non vai ser (unha lesión) de longa duración”; promete que tentará volver canto antes “e dalo todo nestes últimos partidos que nos quedan, que son importantes para nós, para reencontrarnos”.

Lucas apuntaba tralo encontro o sucedido e que nos pasou desapercibido no campo, pero que vai a deixarnos sen él no terreo de xogo como mínimo ante o Linares. Xa está en marcha a fabricación dunha máscara a que se terá que acostumar, tal e como apuntaba o galeno que o operou. Con todo esto, Lucas xa se pasou por Abegondo a adestrar. Fixo carreira en solitario co readaptador físico e ainda que os galenos prefiren esperar, coñecendo a pasión de Lucas, non se desbota nada, ainda que sería perigoso e podería empeorar a sua lesión.

Coa baixa de Lucas, quedamos sen os dous xogadores máis resolutivosa do equipo, Quiles e o de Monelo son os responsables da maioría dos goles e asistencias, e perdémolos na parte máis importante do campionato, pois visto o que fallan os de arriba, tería que haber unha miragre, pero ainda non está nada perdido, pois o que un día parece nubes negras, o seguinte pode abrir o ceo azul…e branco.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo