LUCAS CAAMAÑO, MÁXIMO GOLEADOR DA 3ª DA COSTA, COMUNICA QUE DEIXA O CF PORTEÑO TRAS CRUCES DE ACUSACIÓNS CO CLUBE.

Lucas chegou a ser o máximo goleador de Galicia.

 

Embarullado, moi embarullado estiveron moi enbarulladas as redes sociais, sobre a lesión de Lucas Caamaño “Lucas do Panadeiro”, que se lesionou de gravidade nun xeonllo con pouco máis de media tempada disputada, e sendo con 26 goles, naquel intre, o máximo goleador de tódalas ligas senior de Galicia, e acabou sendo o máximo da 3ª da Costa, e un dos “Top 3” das ligas costeiras, con moitos encontros menos xogados.

Nin poñemos nin quitamos sobre o que pasou, o que se falaba, era se foi atendido debidamente o xogador, co cruces antre unha banda e outra, “de que sí, e de que non”.

Canso por esta situación o xogador ven de facer un comunicado no que da a sua versión e di que : “para evitar máis conflictos véxome na obrigación moral de abandoar o clube, moi o meu pesar”.

Lucas xa estaba a ser un gran xogador na sua etapa no Bergantiños FC co que foi máximo artilleiro nos xuvenís, e a lesión desta pasada tempada freou a sua nova irrupción. Perde así o Porteño a un xogador que foi parte moi importante do seu ascenso. Un xogador moi seguido por moitos clubes e que de seguro non lle parará de soar o teléfono tras este comunicado.

Comunicado Lucas do Panadeiro

“Debido á situación que estou a vivir, quero mostrar o meu malestar,desconformidade e perda de confianza coa actual directiva do Porteño C.F. pola súa falta de compromiso e omisión de axuda, ademais da falsidade informativa levada a cabo nas redes sociais polo responsable de comunicación, manipulando datos e feitos dos cales non foi testemuña.
Por todo isto e para evitar máis conflitos, véxome na obrigación moral de abandonar o clube, moi ao meu pesar, anunciando que desde este momento e para todos os efectos, desvincúlome e causo baixa neste, non sen antes agradecer á aficción o agarimo e o confianza depositada en min”
Atte:Lucas

-Foto : Lucas Panadeiro

-Texto : Xosé Búa/Lucas Panadeiro