Tal e como vos contamos a Selección da Costa Sub13 ven de facer un novo fito histórico o proclamarse o pasado sábado 14 de febreiro de 2026 campionas galegas da categoría no Campionato de Seleccións Comarcais celebrado en Mos, (Pontevedra). As rapazas da costa empataban no primeiro lugar con Ferrol para logo derrotar a Vigo e Pontevedra e empatar na final ca Coruña, (1-1), para despois gañar a Copa de campioas na tanda de penaltis por 4-1.
Tra este fito xa felicitamos en conxunto a todas e todos os que forman a Selección da Costa e agora en exclusiva queremos felicitar as 3 rapazas muxianas que formaron parte deste elenco de campionas, Lola Soneira, Noa Sambad e Valentina García, que foi a estrela na tanda de penaltis.
Lola e Noa siguen sumando títulos tras haber sido o ano pasado campioas de liga no futsal Sub12, así como campionas de Galicia e de España, e ainda que Valentina non participou con elas no Fisober, si estivo no grupo das campioas a sua irmán Alejandra.
Ademáis Lola pasou a historia da costa como a xogadora máis xove en estar convocada para unha final de Copa da Costa Feminina Senior, foi o pasado xuño e estivo no banco do CF Muxía, ainda que por edade non podía xogar e o clube muxián incurriría en aliñación indebida de poñela a xogar.
Actualmente Noa e Valentina están no CF Dumbría e Lola no CF Muxía.
P O R T E I R A S
Valentina García (Muxía)
Sabela Varela (Corme)
D E F E N S A S
Martina Lago (Muros)
Noa Sambad (Muxía)
Noemí Rodríguez (Carnota)
Valeria Fondo (Baio)
Noa Rellán (Zas)
Lola Soneira (Muxía)
M E D I O CAMPISTAS
Claudia Neira (Corme)
Claudia Ares (Cee)
Antía Puñal (Corme)
Paula Miñones (Camariñas)
Gema Mouzo (Camelle)
Valeria Rey (Carballo)
D I A N T E I R A S
Martina Fernández (Louro)
Lucía Romero (Serra de Outes)
Zoe Montero (Cee)
Laura López (Zas)
T É C N I C O S
Adestrador: Rubén Martínez (Cee)
2ª Adestradora: Paula Veiga (Malpica)
Delegado: Jesús Fontaíña (Cee).
.
-Foto : cedida
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

