LOITO NO FÚTBOL POLO PASAMENTO DO COLEXIADO ROBERTO CAMPOS E O PAI DE JOSÉ LUIS CHANTRERO.

LOITO NO FÚTBOL

Roberto Campos Candal nun encontro na Arliña.

 

Loito no fútbol base polo pasamento do colexiado Roberto Campos Candal
-Tamén loito polo pasamento do pai de José Luis Chantrero-

 

 
Foisenos un dos árbitros máis honestos do fútbol modesto, que deixou fai uns anos de dirixir os equipos de maiores, tras chegar ata 1ª Rexional, para adicarse tan só a dirixir encontros do fútbol base.Xa fai anos que non nos visitaba, dirixindo a base no fútbol da zona da Coruña, (él era de Cambre), pero moito ten arbitrado pola costa e non creo que haxa un clube que fale mal de Roberto Campos, que tiña a honestidade e a sipatía por emblema. Simpático coma él só, e gran educador, conseguía levar aos rapaces o seu terreo e ademáis ensinarlles cando estaban equivocados e ata explicarlles cando non estaban dacordo cunha decisión sua. Moito nos temos rido falando con él. Unha das sua maiores anédotas foi cando España gañou a Eurocopa e chegou co pelo pintado de vermello e levantada a cresta. Unha das sua coletillas cando os rapaces lle preguntaban : “Arbi, o tempo?”, e él contestaba : “nublado…ou soleado”,dependendo de como estivera. Vaisenos un gran tío que prefireu non seguir escalando no fútbol senior, (“porque xa non teñen remedio”) e dirixir e ensinar os nenos, (D.E.P). Tamén hai loito na RFGF polo pasamento do pai, (D.E.P.), de José Luis Chantrero, xefe de prensa do ente federativo, un grande colaborador da nosa web dende inicios. O noso máis sentido pésame a familia e amigos tanto de Roberto Campos, coma a José Luis Chantrero e a toda a sua familia e amigos.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.


Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies