LOITO NO CF LIRA E NO FÚTBOL COSTEIRO POLO PASAMENTO DO SEU “GRAN CAPITÁN”, PANA.

“Pana” na final da Copa da Costa do 96 como capitán do CF Lira.

(Foto : CF Lira)

 

O CF Lira un dos míticos do fútbol da costa, perde Manuel Louro “Pana”, un dos xogadores míticos, tanto do clube, sendo o que máis encontros diputou, coma dos xogadores que fixeron grande o fútbol costeiro e que nos deixa moi pronto con tan só 49 anos.

O sepelio será hoxe mércores 15 de Xaneiro a partires das 16:00 horas na Igrexa de Santa María de Lira, (Carnota).

Dende piratasdemuxia.es non podemos máis ca acompañar no sentimento de dor de toda a familia “liracha”, así coma o dos seus familiares e amigos, (D.E.P.).

Por este motivo a nosa web tamén colga o crespón de loito na memoria de “Pana”, (D.E.P.).