LOITO NO CD MUROS E NO FÚTBOL MURADÁN POLO PASAMENTO DE VENANCIO “TITO”

 

Esta mesma tarde chegábanos a triste nova do pasamento de Venancio, máis coñecido por Tito, unha das caras máis visibles do fútbol muradán en tóddalas idades e categorías. Un home de fútbol, que o mesmo recollía un balón, que che servía unha cervexa, que se sentaba no banco de axudante, que formaba na diretiva, ou animaba dende a banda. Un home de clube e de fútbol, co que temos pasado moitas xornadas de fútbol, xa que era moi raro que non acompañase aos equipos, as veces mañán e tarde. O noso máis sentido pésame a familia, amigos e ao CD Muros, por ista perda irreparable…D.E.P.

Dende o CD Muros chegábanos así a triste nova : “Temos que anunciar algo moi triste. Deixounos o noso querido “Tito” Venan. Coñecido asi pola xente do fútbol muradán, polo seu labor todos esos anos de dedicación na directiva. Sempre disposto a axudar, tratando aos xogadores como si de netos seus se tratasen. Os que o coñecemos dende as categorías inferiores solo temos palabras boas hacia Él. Moito ánimo e moita forza a toda a súa familia. Botarémoste de menos Tito Venan”.

 

O lazo negro de duelo que temos na cabeceira da web polo pasamento dun familiar e por tídilis que se está a levar o COVID-19, tamén está dende hoxe por él…D.E.P.

-Texto : piratasdemuxia/CD Muros

-Foto : CD Muros