LISTADO DE TÓDOLOS ASCENSOS NAS LIGAS DE FÚTBOL AFECCIONADO GALEGO POR LIGAS :

 

A RFGF fainos chegar o listado de equipos ascendidos en tódalas ligas de fútbol afeccionado e fútbol feminino, así coma no fútbol base, (no que hai algúns ascensos). Darlle anticipadamente as gracias a RFGF pola invitación a participar pola invitación a participar na videoconferenza, a que non puidemos asistir por cuestións de traballo a hora na que tivo lugar. 

No que se refire aos clubes e ligas costeiras, o SD Fisterra volve 31 anos despois a 3ª División, tal como xa apuntábamos días atrás. Manteñen a categoría na Preferente Norte : SD Sofán, Xallas FC e Laracha CF

Na 1ª Galicia G2 O SD Soneira deberá esperar a ver se ascende o CD Boiro e se a RFGF lle concede a praza que quedaría vacante. Continuarán un ano máis o CF Dumbría,CD Baio, CF Mazaricos e Volantes de Baño CF.

Na Liga da Costa ascenden a 1ª Galicia G2, o Corme CF como campión e o SD Ponteceso coma segundo. Salva a categoría polos pelos o Sporting Zas, xa que estaba a punto de descender, pero non o estaba matematicamente. O único equipo en Galicia que baixou foi o Molgas CF, que tiña 0 puntos con 27 por disputar e a 29 da salvación. 

Na 3ª da Costa, aos xa coñecidos FC Camariñas, (campión) e Outes CF, (2º), que xa estaban ascendidos a Liga da Costa, únese o UD Monte Louro que ascende por coeficiente con respecto aos outros 3 que ían xogar a promoción antes do parón polo COVID-19 e o CD Nantón que ocupará a vacante do SD Ponteceso. Esta liga vaia quedar moi tocada o sbir 3 equipos e non baixar ningún da Liga d Costa, algo que debrían mirar e eliminala dunha vez por todas e facer dous grupos da Costa da 2ª Autonómica.

No fútbol Sala feminino, ascende a 1ª Galicia o FSF Villa de Cee.

 

“A nosa máis cordial noraboa a FSF Villa de Cee, SD Fisterra, Corme CF, SD Ponteceso, UD Monte Louro, e CD Nantón, polos ascensos acadados, así coma aos xa ascendidos FC Camariñas, e a tódolos que salvaron a categoría, e por conseguinte a tódolos equipos galegos que acadaron o ascenso e o noso desexo de que ascenda o SD Soneira”.

Aquí tes tódalas ligas con tódolos ascensos :

 

 

 

CRITERIOS QUE SE USARON

 

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto e montaxes : RFGF/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies