LISTA DE CONVOCADOS PARA O RACING VILALBÉS-DEPOR, CA AUSENCIA DESTACADA DO “DESEXADO”, KEKO GONTÁN.

 

O RC Deportivo fixo pública a lista de convocados para o Racing Vilalbés-Depor de mañán mércores 28 de Xullo a partires das 19:30 horas no “A Magdalena” de Vilalba. Sin un tital de 22 os xogadores na primeira lsita de Borja Jiménez e nela destaca a ausencia de Keko Gontán, un dos poucos xogadores da anterior plantilla que a afección desexa que siga no equipo.

A sua alta ficha é todo un impedimento, ainda que él sempre amosou a sua satisfacción polo equipo, a cidade e o entorno, para él e “a sua familia”, tal como apuntou en máis dunha ocasión.

A rebaixa no presuposto do equipo, tras unha tempada nefasta, na que só valía o ascenso, fai que se complique a continuidade de Keko, ainda que Borja Jiménez, puntaba contar con él e que canto máis tardase en resolverse o seu futuro, máis subirían as probabilidades de que se quedase. De non ser así, non estaría mal que a sua marcha fose en forma de cesión, para poder recuperalo a vindeira tempada, (te contrato ata 2024), en caso de ascenso.

Dos que estaban adestrando estes dóas, tamén falta o xuvenil, “Trilli”, que polo motivo que esgrime o clube, (“por precaución”), todo apunta a que se trata de contacto direto cun contaxiado por COVID-19, ou ser é persoa de risco.

Cáense desta convocatoria de maneira obrigada Valín e Pablo Brea, que se adestran co readaptador Álex Canosa; e Alberto Benito, que permanece no seu domicilio con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño.

Rolan, Uche e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges finalizou onte luns coa súa selección a Copa de Ouro da CONCACAF e ten previsto chegar á Coruña a finais desta mesma semana.

Alberto, Juan Rodríguez, Iván Guerrero, Yeremay, Noel e Dani Barcia son a representación de da canteira nesta primeira convocatoria de Borja Jiménez.

O choque será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es, segundo informa o RC Deportivo.

A entrada de público vale 10 euros e pódese adquirir en venda anticipada (teléfono 661049270) ou ben no despacho de billetes da Magdalena mañá mércores a partir das 18:45 horas. Os socios do Racing Villalbés teñen acceso gratuíto co carné da temporada 2020-21.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies