LISTA DE CONVOCADOS DEPOR-UNIONISTAS : “ALELUIA…VOLTA KEKO, E ROLAN VAISE A XOGAR DE CARA”.

 

 

Lista de convocados de Rubén de la Barrera para o Depor-Unionistas de Salamanca, asombroso lider da competición, que auna entrega e disciplina futbolística, cunha plantilla homoxénea na que ninguén é superior a ninguén, e na que sobresae a entrega por igual.

Na lista de convocados de Rub´n de la Barrera destacan a volta de Keko Gontán, Uche Agbo e a novidade da deradeira incorporación, Raí Nascimento.

Pero coa realidade sobre o tepe o que temos que destacar é a volta de Keko Gontán, o único nun plantel de “nomes” que sempre que xogou marcou a diferenza e amosou que é un xogador de outra categoría. Ata “bailou” o Alavés, equipo que no DNI pon que é de 1ª División.

A lesión do habilidoso extremo deportivista veuse truncada pola lesión máis temida polos deportistas, problemas no sóleo. Unha lesión que parece que xa curou e o facer deporte de máxima esixencia reaparece e acaba as veces ca moral dos deportistas. n caso snado no fútbol español, foi a de Bale, xogador do equipo dos españois, que se tirou todo un ano sen ser capáz de voltar con eficiencia, con recaida tras recaida. Esperemos que poida xogar minutos e que salga desta, nesta tempada na que tanto o necesitamos. Crucemos os dedos.

Tamén volve Uche Agbo, chamado a amosar o bo xogador que nos demostrou o ano pasado, ao que lle chega unha finta para irse ds arversarios e que se facía dono absoluto do medio do capo. A sua lesión foi de seguro unha das causas de descender a pesares de facer unha segunda volta de Champións con Fernando Vázquez, (34 puntos, sendo co Tenerife os dous equipos con mellro puntuación, e máis ca calquera da 1ª División).

Debuta en convocatoria Raí Nascimento, xogador rápido, desequilibrante e ofensivo. Será un Nahuel, Rabelo, Cabaleiro?…aqueles que se regateaban a eles mesmos ou destaparemos a un brasileiro deses que fixeron época no Depor?…Quizais mañá comezaremos a desvelar a ecuación.

 

Rolan parece que se vai a xogar de cara

Nin adestrou o venres, nen hoxe, e parece que vai irse cedido a 1ª División Exipcia cedido co opción de compra, polo que antes do luns haberá unha nova incorporación. De seguro que a maioría dos que seguimos este deporte, tal devaluado en España pola mafia de Tebas, (que neste caso non é unha cidade exipcia), non coñecen ningún equipo exipcio, (xa non digamos algún xogador).Pois parece ser, (segundo a presa italiana…ollo!!!), Diego Rolan vai a xogar na liga exípcia. Xogará de cara, (como as figuras exípcias), ou xogará na banda, (como ata “agora”). Terá máis nivel a liga faraónica ca 2ª B española?…That is the cuestion.

O ENCONTRO 

Depor-Unionistas de Salamanca

Hora : 19:00/18:00 GMT

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Álvaro López Parra, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia