LISTA DE CONVOCADOS DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS PARA UN AMIGABLE ANTE O BERGANTIÑOS CF.

A Selección Galega da anterior fase.

 

A Selección Galega de Afeccionados xogarase o pase á Fase Final da Copa das Rexións UEFA o vindeiro mércores día 12 de febreiro ás 10.30 horas ante o País Vasco na eliminatoria a partido único que se disputará na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid). 

O combinado dirixido por Iván Cancela chega a esta cita despois de completar unha primeira fase inmaculada, na que superou a Castela A Mancha e a Ceuta nos dous encontros que tiveron lugar a primeira semana de decembro nas Rías Baixas.

Para a preparación para ese encontro vital correspondente á Fase Intermedia ante o País Vasco o corpo técnico da Selección deseñou unha folla de roteiro na que figura un encontro de preparación amigable ante o Bergantiños FC, un partido que terá lugar o próximo mércores 22 de xaneiro no campo das Eiroas de Carballo a partir das 19 horas.

Convocatoria definitiva e concentración

Ademais desde choque amigable o combinado galego realizará outra sesión de traballo o martes día 4 de febreiro. O último adestramento terá lugar o día antes do partido, o martes día 11 de febreiro, e xa na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

O seleccionador galego Iván Cancela dará a coñecer a convocatoria definitiva despois do adestramento do próximo martes 4 de febreiro. Cabe apuntar, ademais, que o cuartel xeral de Galicia en Madrid será a Residencia da Cidade do Fútbol de Las Rozas tras o sorteo que tivo lugar esta mesma mañá na sede da RFEF. Os outros tres equipos participantes nesta Fase Intermedia (País Vasco-rival dos nosos-, A Rioxa e Baleares) pernoitarán noutros hoteis da capital.

 

LISTA DE CONVOCADOS

-Foto : rfgf
-Texto : César Méndez/RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies