Manuel Pablo que esta mañán confirmaba a presenza de Noel na lsita de convocados, deu unha lista de 20 xogadores, antre os que repite o costeiro, Hugo Baldomar, fillo do que fora colexiado do fútbol afeccionado, Rubén Baldomar.
Que non estrá é Trilli que ainda ten poucos adestramentos co grupo e sí podería estar co primeiro equipo para xogar un minutos en Santander se fose preciso, e tampouco estará Yeremay Herández, expulsado no encontro de ida que o equipo deportivista perdeu por 3-0.
Na bancada de Riazor estará a “motus propio”, toda a plantilla do primeiro equipo e os técnicos. Ademáis o clube invitou a tódolos presidentes dos derradeiros anos e nos prolegómenos haberá unha homenaxe a plantilla do 96.
Ainda se pode coller unha entrada, tanto de balde para os socios, coma unha de prezo simbólico ou unha aportación para a loita contra o cancro de mama, do que hoxe é o “Día Internacional”.
-Fotos : RC Deportivo/piratasdemuxia
-Texto : piratasdemuxia